Valentiniano I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Maguncia +Mainz)
Sen resumo de edición
Liña 6:
== A defensa do Imperio ==
 
Valentiniano tivo que lle facer fronte a numerosos intentos de invasións e sublevacións de parte dos pobos bárbaros. Por unha banda, nun principio tivo a súa corte en [[Tréveris]], para desprazarse despois a [[Milán]], para estar mais preto do teatro de operacións militares. Despois de pacificar o norte de Italia, fortificar a zona de [[Basilea]], na actual Suíza, centra o seu cuartel en [[París]], xa que os [[alamáns]] tentaban a invasión. De xeito inesperado, estes invaden a Galia e asolan a cidade de Mogontiacum, a actual [[MainzMaguncia]]. As loitas contra estes lévano a vencelos en [[Solicinium]], pero esta vitoria non foi definitiva, e chegou a un acordo de paz e concordia co rei dos alamáns, [[Macriano]], que dende entón se converte en fiel aliado dos romanos. Entón Valentiniano dedícase a fortalecer a zona do [[río Rin|Rhin]] mediante a construción de acuartelamentos.
 
Tamén nesa época, os ataques de piratas na zona da Galia foron constantes por parte das tribos saxoas, coincidindo cunha sublevación dos [[pictos]] e [[escotos]] na Britania, que, atravesando o [[muro de Hadrián]], arrasaran a zona do actual condado de [[Kent]]. Valentiniano enviou ao seu xeneral [[Teodosio]], quen en diferentes incursións venceu a estes e engadiu este condado ás posesións romanas baixo o nome de Valentia, en lembranza do nome do emperador.