Diferenzas entre revisións de «Charles Stewart Parnell»

m
(→‎Traxectoria: De en.wiki)
Ao ano seguinte foi elixido membro da [[Cámara dos Comúns (Reino Unido)|Cámara dos Comúns]] como representante da [[Liga da Home Rule]] polo [[condado de Meath]]. Alí achegouse ás teses defendidas pola [[Irmandade Republicana Irlandesa]], quen protagonizara o [[Alzamento Feniano|Alzamento Feniano de 1867]], practicando unha política de obstruccionismo baseada no emprego de métodos legais para dificultar o traballo da cámara, co obxecto de que se centrasen nos problemas irlandeses, sistematicamente obviados ata daquela polo lexislativo británico.
 
En 1877 acadou a presidencia da Liga, principiando unha serie de reunións en privado cos líderes do movemento feniano, consguindo o apoio da [[Clan na Gael]] na súa loita polo autogoberno irlandés. A cambio, estes pedíronlle que abandonase a vía constitucionalista para apostar claramente pola independencia, que aplicase maior intensidade para resolver o problema agrario, a eliminación de sectarismos e o voto colectivo. Parnell, en liña co seu pragmatismo, aínda que aceptou formalmente o acordo, mantivo un delicado equilibrio mantendo abertas todas as vías posibles sen se decantar claramente por ningunha. O acordo, que recibiu o nome de ''Nova Solución'', aseguraba tamén a viabilidade da loita armada dos fenianos. Parnell asumiu, pola súa banda, a condición de líder principal da ''Nova Solución''.
 
{{DEFAULTSORT:Parnell}}
8.300

edicións