Diferenzas entre revisións de «León IX, papa»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Maguncia +Mainz)
m (r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Leon IX.a)
m (Bot: Substitución automática de texto (-Maguncia +Mainz))
Decidido a encabezar o movemento de reforma eclesiástico, que até entón liderara o emperador, rodeouse de figuras coma [[Pedro Damiano]], [[Gregorio VII, papa|Hildebrando]] ou o cardenal [[Humberto de Silva Candida]]. Tamén deu entrada no colexio cardenalicio a eclesiásticos non romanos, facéndoo máis internacional e partidario das ideas [[orde de Cluny|cluniacenses]]. Pódeselle considerar un predecesor da [[Reforma gregoriana]].
 
As súas reformas centráronse no obxectivo de erradicar da Igrexa a [[simonía]] e o matrimonio dos sacerdotes, para o cal celebrou doce [[sínodo]]s, destacando os de [[Letrán]], [[Pavía]], [[Reims]] e [[MagunciaMainz]].
 
Intentou frear o avance dos [[normandos]] que, instalados no sur da [[península Itálica]], ameazaban os territorios pontificios. En [[1053]] armou un exército que resultou derrotado na [[batalla de Civitate]], onde caeu prisioneiro, non recobrando a liberdade até pouco antes da súa morte.
103.099

edicións