Leliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: sh:Lelijan
m Bot: Substitución automática de texto (-Maguncia +Mainz)
Liña 2:
Sendo emperador do [[Imperium Gallicus]], [[Póstumo]], fundador do mesmo logo de rebelarse contra [[Imperio Romano|Roma]] e contra o seu emperador [[Galieno]], chega a un acordo no ano [[268]] para se dividir as zonas de control.
 
No ano [[269]], '''Caius Ulpius Cornelius Lelianus''', ou '''Leliano''', trata de usurpar o trono e rebélase contra Póstumo. Este dirixe os seus exércitos contra o seu antigo comandante, quen se refuxiara en [[MagunciaMainz]]. Póstumo pon sitio a cidade e tómaa pouco despois, matando a '''Leliano''', pero atopando tamén a morte el e mais o seu fillo logo de que lle prohibisen ás súas tropas a [[pillaxe]] da cidade.
 
Leliano pasou á historia pola súa bravura e valentía nas loitas contra os bárbaros e foi un destacado militar que construíu a maior parte das fortalezas ao longo do [[Rin]], e que lle permitiron a Póstumo afastar as tribos [[xermano|xermánicas]] da [[Galia]] e da [[Xermania Inferior]] e consolidar o seu Imperio deica á súa morte.