Amnistía Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
 
== Obxectivos e características ==
A tarefa de Amnistía Internacional (AI) baséase nunha investigación coidadosa e nas normas acordadas pola comunidade internacional. É un movemento democrático e autónomo de activistas voluntarios, con máis de undun millón de membros e subscritores repartidos en máis de 140 países e territorios. Finánciase en gran medida coas cotas do seus membros de todo o mundo. A organización nin solicita nin acepta contribucións dos gobernos para realizar a súa tarefa de investigación e campañas contra a violación dos dereitos humanos.
 
AI é independente de toda ideoloxía política e credo relixioso. Non apoia nin se opón a ningún goberno ou sistema político, nin tampoco apoia nin se opón ás opinións das vítimas cuxos dereitos intenta protexer. A protección imparcial dos dereitos humanos é a sua finalidade.