Aceite de colza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 19:
 
Coñécese, desde [[1949]], que este ácido graxo e, polo tanto, o aceite de colza, favorece a formación de depósitos graxos no [[corazón]], polo que o principal uso do aceite de colza foi como lubricante, na fabricación de [[xabón]], na [[siderurxia|industria siderúrxica]] e, actualmente, na fabricación de biocombustibles ([[biodiésel]]). Polas propiedades [[biodegradable]]s deste aceite resulta tamén útil como base de pinturas, envases alimentarios, [[herbicida]]s, etc. Un derivado do ácido erúcico, a erucamida, úsase como aditivo para facer película de polietileno e polipropileno extrusados.
 
A lexislación europea marca desde 1979 un contido máximo de ácido erucico, no aceite de colza destinado a consumo humano, do 5% <ref>Directiva 76/621/CEE do Consello, de 20 de xullo de 1976, relativa á determinación da porcentaxe máximo de ácido erúcico nos aceites e graxas destinados como tales á alimentación humana, e nos produtos alimenticios que conteñan aceites ou graxas engadidas (DO L 202, de 28.07.1976).</ref>.
 
O uso industrial do aceite de colza implica diferenzas de trato nos controis [[aduana|aduaneiros]] e nos aranceis a pagar nas importacións, polo que se obrigou a engadir [[aceite de ricino]] como [[desnaturalización|desnaturalizante]] no que se importara para uso industrial ou, desde 1973, anilina ou nafténicos.