Abrir o menú principal

Cambios

m
ligazón
[[Ficheiro:Paracelsus01.jpg|thumb|180px|Paracelso.]]
 
'''Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim''',<ref>Debus, A. G. (1993): ''Paracelsus, Five Hundred Years. Paracelsus and the medical revolution of the Renaissance''. Bethseda, Maryland: Hahnemann University Library, National Library of Medicine e Escola de Medicina da Universidade de Washington, páx. 4. [http://www.nlm.nih.gov/hmd/pdf/ Paracelsus.PDF]</ref> ou '''Theophrastus Bombast von Hohenheim''',<ref>Schüller Pérez, Amador (2004): [http://www.ranm.es/pbcnes/anales/2004-04.pdf Real Academia Nacional de Medicina de España. PDF] ''Anales de la Real Academia Nacional de Medicina'', tomo CXXI, caderno IV, páx., 676.</ref> <ref>Asimov, Isaac: ''Introducción a la ciencia''. Volume 1. Barcelona: Orbis. ISBN 978-84-7634-117-9, páxs. 117-119.</ref> coñecido como '''Paracelso''' ou '''Teofrasto Paracelso''' foi un [[Alquimia|alquimista]], [[medicina|médico]] e [[Astroloxía|astrólogo]] [[Suíza|suízo]] nado en [[ZúrichZúric - Zürich|Zúric]], na Teufelsbrücke, [[Einsiedeln]], o [[10 de novembro]] de [[1493]] e finado en [[Salzburgo]], [[Austria]], o [[24 de setembro]] de [[1541]].<ref>Jung, C. G.: ''Obra completa''. Volume 15. ''Sobre el fenómeno del espíritu en el arte y en la ciencia. Paracelso''. 3, § 1. Madrid: Editorial Trotta.</ref> Foi moi coñecido porque se cría que lograra a transmutación do [[chumbo]] en [[ouro]] mediante procedementos alquimistas, e por darlle ao [[zinc]] o seu nome, chamádoo ''zincum''.<ref>Habashi, Fathi: "Discovering the 8th Metal" in ''International Zinc Association'' (IZA) [http://www.iza.com/Documents/Communications/Publications/History.pdf PDF].</ref>
 
O nome ''Paracelso'' (''Paracelsus'', en [[latín]]), que escolleu para si mesmo e polo que é xeralmente coñecido, significa "superior a [[Aulo Cornelio Celso|Celso]]", un médico [[Imperio romano|romano]] do [[século I]].
99.887

edicións