Domingos de Guzmán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Nembargantes +Con todo)
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: bar:Dominikus; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Fra Angelico 052.jpg|dereita|thumb|200px|Domingos de Guzmán, por [[Fra Angelico]].]]
 
'''Domingos de Guzmán''', nado en [[1171]] en [[Caleruega]] ([[Reino de Castela]]) e morto en [[1221]] en [[Boloña]] ([[Sacro Imperio Romano Xermánico]]) é o fundador da [[Orde dos Predicadores]] ou [[dominicos]].
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Fillo de [[Fiz de Guzmán]], considerado venerable pola [[Igrexa Católica]] e de [[Xoana de Aza]], proclamada Beata pola mesma Igrexa. Tivo dous imáns: Antonio, tamén venerable, e [[Manés de Guzmán]] que se lle uniría á orde dominica e foi declarado beato.
 
Cara os seis anos, foi confiado a un tío seu, que era arcipreste en [[Gumiel de Izan]], para que o educase. A os catorce ingresou no [[Estudo Xeneral de Palencia]], un dos máis importantes dos reinos cristiáns peninsulares. Alí estudou artes liberais e teoloxía.
 
Vivía só, con escaso mobiliario e os seus moitos libros. Sendo aínda novo, declarouse unha gran fame nesas terras castelás e Domingos converteu o seu cuarto nunha ''Esmola'' ao que acudían os necesitados en busca de axuda material. Tendo Domingos vendido todo canto tiña, acordou desprenderse tamén dos seus prezados libros. Ante a oposición dos seus achegados, declarou que non podía quedarse con esas peles secas mentres os seus irmáns en carne viva morrían á fame.
 
Por aquel entón, estando en guerra Castela contra os reinos islámicos, acudiu a el unha muller desconsolada porque o seu irmán fora apreixado polos mouros. Domingos entón decidiu venderse como escravo para rescatar ao prisioneiro. Isto causou fonda impresión nos cidadáns de Palencia e suscitouse un movemento espontáneo e colectivo de solidariedade que aliviou as necesidades dos desfavorecidos e conseguiu o rescate do refén.
Liña 15:
Esta sona de santidade levou ao bispo de [[Osma]] a pregarlle que entrase como cóengo na súa catedral. Aceptou isto Domingos tendo a idade de 24 anos. Foi despois subprior do cabido e, en 1199, aparece como director do culto da catedral (sancristán).
 
=== Viaxe a Europa ===
[[Ficheiro:Inkvisisjonen.jpg|esquerda|thumb|200px|San Domingos e os albixenses, por [[Pedro Berruguete]].]]
 
Liña 26:
Pero o que foi determinante para a súa vocación futura foi o escándalo que lle produciu ver como os legados do [[Papa]] e predicadores enviados por [[Roma]] para combater a herexía viñan ateigados de boato e pomba en fastuosos carruaxes completamente alleos ás arelas da autenticidade evanxélica que as xentes do común vían moito mellor cumpridas entre aos austeros e rigorosos cátaros. En [[1207]], nun encontro en [[Montpellier]] cos legados cistercienses do Papa, Domingos defendeu que había que volver a coherencia evanxélica predicando dende unha vida coherente de amor polos necesitados, pobreza e desprendemento. Así o bispo de Osma renunciou a todo boato episcopal e el e Domingos renunciaron a toda comodidade, empezaron a camiñar descalzos, sen casa nin acubillo propios, con roupaxes humildes e non consentido que se lles chamase máis que irmáns ou freires. Tratábase de vivir como os primeiros [[apóstolo]]s e discípulos de Cristo.
 
=== Predicador ===
[[Ficheiro:Shrine of Saint Dominic,.JPG|esquerda|thumb|200px|Tumba de Domingos de Guzmán, en [[Boloña]].]]
 
Liña 37:
Estes extremos non eran compartidos por toda a xerarquía católica e o [[Concilio de Montpellier]] prohibiu aos predicadores católicos iren descalzos. Daquela Domingos decidiu calzarse ao chegar ás cidades pero o resto do camiño facíao sen sandalias.
 
=== Fundación ===
[[Ficheiro:SaintDominic.jpg|esquerda|thumb|200px|Domingos de Guzmán, por [[Claudio Coello]].]]
 
En 1215 celebrouse o [[IV Concilio de Letrán]], que decidiu prohibir a fundación de novas ordes relixiosas. Isto parecía un golpe para o proxecto de [[orde mendicante]] de Domingos, pero [[Inocencio III]], que lle tiña simpatías, consentiu que se constituíra a súa comunidade sempre que adoptaran unha regra xa existente adaptada aos novos tempos e á itinerancia dos predicadores. Domingos e os seus compañeiros, reunidos o día de [[Pentecostes]], adoptaron e adaptaron a [[regra de Santo Agostiño]]. A organización dos predicadores sería democrática, elixindo entre todos aos seus superiores. Cando volveu a [[Roma]] para confirmar esta regra, xa había un novo Papa, [[Honorio III]], que se resistía a confirmarlla. Entre os dignatarios eclesiásticos o carisma da predicación inspiraba unha forte oposición. Houbo que agardar a unha [[Bula]], ''Religiosam vitam'', de 21 de xaneiro de 1217 para que a degorada confirmación papal tivese lugar.
 
=== Expansión ===
Coa regra aprobada, Domingos decidiu dispersar por Europa aos seus compañeiros aos que reunira en Tolosa para comunicarlles a determinación. Isto provocou certa oposición ao que Domingos retrucou que o trigo xunto corrómpese pero o esparexido dá moito froito. "Todos eran enviados para estudaren, predicaren e fundaren un convento"<ref>Santidrián, Pedro R. ''Diccionario breve de pensadores cristianos''. Edvd, Pamplona,1999, pax. 154</ref>
 
Liña 51:
Foi canonizado por [[Gregorio IX]] en [[1234]]. O seu corpo repousa en Boloña.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Dominicos]]
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]]
[[Categoría:Cristianismo]]
 
[[ay:Domingo de Guzmán]]
[[bar:Dominikus]]
[[be:Святы Дамінік]]
[[be-x-old:Сьвяты Дамінік]]