Dead Kennedys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m tradución de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 36:
 
Os membros da banda, vestidos con camisetas brancas cun gran S pintado en negro, tiraron dunha garavata negra que tiñan nas costas formando así o símbolo do [[dólar]], e entón comezaron a interpretar un novo tema titulado "Pull My Strings", unha satírica canción que atacaba á industria da música comercial e que contiña letras como "É a miña pirola o suficientemente grande e o meu cerebro o suficientemente pequeno para que me fagas unha estrela?". OO tema tamén facía referencia á canción de [[The Knack]] "[[My Sharona]]". "Pull My Strings" nunca foi gravada para unha edición de estudio, aínda que a actuación nos Bay Area Music Awards, que foi a primeira e única vez que foi interpretada, foi editada no álbum recompilatorio ''[[Give Me Convenience or Give Me Death]]''.
 
=== "Holiday in Cambodia" e ''Fresh Fruit for Rotting Vegetables'' ===
A principios de 1980 gravaron e editaron o sinxelo "Holiday in Cambodia". Posteriormente nese mesmo ano, a banda lanzou o seu álbum de estrea, ''[[Fresh Fruit for Rotting Vegetables]]''. O disco acadou o número 33 na lista de álbums británica. En xaneiro de 1981 Ted anunciou que quería deixar o grupo para seguir unha carreira na arquitectura e que buscaría un substituto. Realizou o seu derradeiro concero en febreiro de 1981 e sería reemprazado por D.H. Peligro (Darren Henley).
 
Por esas mesmas datas, East Bay Ray intentou presionar ao resto da banda para asinar co gran seloe [[Polydor Records]]; Biafra dixo que estaba preparado para deixar o grupo se o resto dos membros querían asinar coa discográfica, aínda que East Bay Ray afirma que el recomendou non realizar o contrato con Polydor. O selo finalmente decidiu non asinar cos Dead Kennedys despois de saber que o seguinte sinxelo que tiña planeado o grupo sería "Too Drunk to Fuck".
 
En maio a banda publicou "Too Drunk to Fuck". A canción causou moita contrversia no [[Reino Unido]] e a [[BBC]] temía que acadara o ''Top 30''; o que requeriría ser mencionado no programa ''Top of the Pops''. Porén, isto nunca sucedeu xa que o sinxelo só chegou ao posto 36.
 
== Discografía ==