Diferenzas entre revisións de «Metal pesado»

algo máis
(algo máis)
A presenza destes elementos no medio pode significar serios problemas [[Medio ambiente|medioambientais]], debidos á súa ecotoxicidade, e, no caso de estaren presentes nos [[alimento]]s, problemas de [[saúde pública]] entre os [[consumidor]]es.
 
O concepto de metal pesado non obedece a criterios químicos senón biolóxicos, en función da toxicidade que presentan. A IUPAC (Unión internacional de química pura e aplicada, ''International Union of Pure and Applied Chemistry'') considera que este termo é "''sen sentido e enganoso''" [http://iupac.org/publications/pac/74/5/0793/] e reclama unha definición autorizada, baseada na táboa periódica, e a diferenciación entre os metais puros e os seus posibles compostos tóxicos. Neste sentido, un exemplo claro é a practicamente nula toxicidade do mercurio fronte á elevada toxicidade do metilmercurio, a súa forma orgánica máis perigosa.
 
==Orixe==
Os elementos comprendidos baixo o concepto de metais pesados están presentes na natureza e poden liberarse ó ambiente a través de fenómenos naturais como as emisións [[volcán|volcánicas]], pero os seus efectos negativos sobre o medio adoitan ser consecuencia de residuos da actividade [[minería|mineira]] ou, de [[vertido industrial|vertidos industriais]] nasou da incineración de [[combustible fósil|combustibles fósiles]]. Por calquera destas vías, os metais chegan ás augas, noó aire ou noó chan, medios desde os que son absorbidos por plantas e animais ingresando así na [[cadea alimentaria]].
 
Os metais pesados non son [[biodegradabilidade|degradables]], nin química nin bioloxicamente, polo que permanecen activos no medio tralo vertido durante centos de anos, contaminando o chan e acumulándose en prantas e animais, aumentando a concentración a medida que se eleva a [[cadea trófica]].
 
==Controis oficiais==
Nos últimos decenios publicouse diferentes normas para regula-los límites máximos admisibles nalgúns alimentos, límites que varían segundo o metal considerado e o alimento ou grupo de alimentos onde pode presentarse, tendo en conta o consumo esperado de cada un deles. Nos países europeos a normativa vixente é a que establece o Regulamento (CE) nº 1881/2006 e as sucesivas modificacións <ref>Que regula tamén outros posibles contaminantes diferentes dos metais pesados.</ref>.
A normativa internacional regula os límites máximos admisibles nalgúns alimentos, límites que poden ser uniformes para a poboación en xeral ou variar segundo circunstancias particulares (en meniños ou en mulleres [[embarazo|embarazadas]]).
 
Ademais, as autoridades sanitarias nacionais e internacionais estableceron diferentes medidas destinadas a reduci-la emisión dos metais considerados tóxicos e a reduci-la inxesta polos consumidores, considerados como poboación en xeral ou, especialmente nos grupos de risco segundo circunstancias particulares (en meniños ou en mulleres [[embarazo|embarazadas]] ou lactantes).
 
==Notas==
{{listaref|1}}
 
==Véxase tamén==
* Higueras, P. e Oyarzun, R.: ''Minerales y metales peligrosos'' [http://www.uclm.es/users/higueras/mga/Tema08/Minerales_salud_1_4.htm]
* Schinitman, N. I.: ''Metales Pesados, Ambiente y Salud'' [http://www.ecoportal.net/Temas_Especiales/Contaminacion/Metales_Pesados_Ambiente_y_Salud]
* Regulamento (CE) nº 1881/2006 da Comisión, de 19 de decembro de 2006, polo que se fixa o contido máximo de determinados contaminantes nos produtos alimenticios (DO L 364, de 20.12.2006) [http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:L:2006:364:0005:0024:ES:PDF].
 
===Ligazóns externas===
54.155

edicións