Diferenzas entre revisións de «Identidade cultural»

arranxiño
Sem resumo de edição
(arranxiño)
 
== Características ==
A construción de identidades é "un fenómeno que xorde da dialéctica entre o individuo e a [[sociedade]]. As identidades constrúense a través dun proceso de individualización polos propios actores para os que son fontes de sentido e aínda que se poidan orixinar nas institucións[[institución]]s dominantes, só o son se os actores sociais as interiorizan e sobre isto último constrúen o seu sentido. Nesta liña, Castells diferencia os roles definidos por normas estruturadas polas institucións e organizacións da sociedade (e que inflúen na conduta segundo as negociacións entre individuos e ditas institucións, organizando así as funcións) e as identidades definidas como proceso de construción do sentido atendendo a un atributo ou conxunto de atributos culturais (organizando dito sentido, entendido como a identificación simbólica que realiza un actor social do obxectivo da súa acción). Dalgunha maneira, pódese interpretar que se están reforzando as propostas tendentes a recoñecer os procesos de identificación en situacións de policulturalismo ou momentos de identificación que se dan na sociedade-rede, emerxendo pequenos grupos e redes.
 
== Véxase tamén ==
33.824

edicións