Revolución copernicana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*cualquera > calquera
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Nikolaus Kopernikus.jpg|thumb|esquerda|270px|[[Nicolao Copérnico]].]]
A '''revolución copernicana''' ou '''revolución de Copérnico''' é o nome co que adoita coñecerse a [[revolución científica]] que se produciu en [[Europa Occidental]], representada na [[astronomía]] polo paso do tradicional ''sistema ptolemaico'' [[xeocentrismo|xeocéntrico]] (herdanza clásica adaptada e conservada polo pensamento cristián medieval) ao innovador ''sistema copernicano'' [[heliocentrismo|heliocéntrico]], iniciada no [[século XVI]] por [[Nicolao Copérnico]] (cuxa obra ''De Revolutionibus'', non alude ao actual e usual concepto de [[revolución]], senón ao de [[ciclo]] ou traxectoria [[círculo|circular]] <ref>Como a do xiro do eixe dun motor, por exemplo: 3000 rpm —revolucións por minuto—.</ref> dos corpos celestes) e culminada no [[século XVII]] por [[Isaac Newton]], tras pasar por [[Galileo]]. En gran parte, como consecuencia desta revolución (no sentido de ''cambio profundo e brusco''), o panorama intelectual de finais do século XVII e comezos do XVIII considera a ''crise da conciencia europea'' e abrirá o [[século XVIII]] como o ''Século das Luces'' ou da [[Ilustración]].
 
A expresión ''revolución copernicana'' ou ''xiro copernicano'' pasou a ser popularmente sinónimo de cambio radical en calquera ámbito.
 
[[Ficheiro:Nikolaus Kopernikus.jpg|thumb|esquerda|270px|[[Nicolao Copérnico]].]]
== Historia e características ==
A transformación da sociedade occidental de [[Idade Media|medieval]] a [[Idade Moderna|moderna]], no seu aspecto de cambio de mentalidade cara á [[modernidade]], significou unha nova consideración da [[natureza]] desde un novo pensamento científico, permitido polo uso da [[razón]] humana sen suxeición ao ''principio de autoridade''.<ref>Como estaban sometidos os escolásticos, á ''autoridade dos Padres da Igrexa''.</ref> Desde o [[Renacemento]], o [[antropocentrismo]] [[humanismo|humanista]] substitúe ao [[teocentrismo]] da [[escolástica]]. O [[Barroco]] revalorizaría os [[sentidos]] e a [[experiencia]] como fonte de [[coñecemento]]. [[Racionalismo]] e [[empirismo]] serán dúas orientacións filosóficas opostas, pero complementarias.