Identidade cultural: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{ligazóns internas}}
{{sen referencias}}
'''Identidade cultural''' é o conxunto de valores, tradicións, símbolos, crenzas e modos de comportamento que funcionan como elementos dentro dun grupo social e que actúan para que os individuos que o forman poidan fundamentar o seu sentimento de pertenza, que forman parte da diversidade no interior das mesmas en resposta aos intereses, códigos, normas e rituais que comparten ditos grupos dentro da cultura dominante.
 
== Características ==
A construción de identidades é "un fenómeno que xorde da dialéctica entre o individuo e a sociedade. As identidades constrúense a través dun proceso de individualización polos propios actores para os que son fontes de sentido e aínda que se poidan orixinar nas institucións dominantes, só o son se os actores sociais as interiorizan e sobre estoisto último constrúen o seu sentido. Nesta liña, Castells diferencia os roles definidos por normas estruturadas polas institucións e organizacións da sociedade (e que inflúen na conduta segundo as negociacións entre individuos e ditas institucións, organizando así as funcións) e as identidades definidas como proceso de construción do sentido atendendo a un atributo ou conxunto de atributos culturais (organizando dito sentido, entendido como a identificación simbólica que realiza un actor social do obxectivo da súa acción). Dalgunha maneira, pódese interpretar que se están reforzando as propostas tendentes a recoñecer os procesos de identificación en situacións de policulturalismo ou momentos de identificación que se dan na sociedade-rede, emerxendo pequenos grupos e redes.
 
== Véxase tamén ==