Diferenzas entre revisións de «Escola de Tradutores de Toledo»

(arranxiños)
[[Ficheiro:KathedraleToledo.jpg|thumb|230px|Catedral de [[Toledo]]]]
 
A partir de [[1085]], ano en que Afonso VI conquistou Toledo, a cidade constituíuse nun importante centro de intercambio cultural. O arcebispo don [[Raimundo Ximénez de Rada]] quixo aproveitar a conxuntura que facía convivir en harmonía a cristiáns, musulmáns e xudeus auspiciando diferentes proxectos de tradución cultural demandados en realidade por todas as cortes da Europa cristiá. Por outra parte, coa fundación dos ''studii'' de Palencia e de Salamanca por [[Afonso VIII]] e [[Afonso IX]], respectivamente, propiciárase xa unha relativa autonomía dos mestres e escolares respecto ás ''scholae'' catedralicias e, en consecuencia, foi establecéndose unha mínima diferenciación profana de coñecementos de tipo preuniversitario, que xa en tempo de [[Fernando III]] vai acercándose á Corte e espera a protección e apoio decidido dun monarca para se consolidar por enteiro. [[Afonso X|Afonso X o Sabio]] impulsou o centro tradutor que existía en Toledo desde a época de Raimundo Ximénez de Rada, que se especializara en obras de astronomía e de leis. Por outra parte, fundou en Sevilla uns ''Studii'' ou Escolas xerais de latín e de arábigo que naceron xa cunha vinculación claramente cortesá. Igualmente, fundou en 1269 a Escola de Murcia, dirixida polo matemático [[Al-Ricotí]]. É así, pois, que non cabe falar dunha Escola de tradutores propiamente dita, e nin sequera exclusivamente en Toledo, senón de varias e en distintos lugares. A tarefa de todas estas escolas foi continua e nutrida polos proxectos de iniciativa rexia que as mantiveron activas polo menos entre 1250 e a morte do monarca en 1284, aínda que a actividade de tradución non se cinxira exclusivamente a esa paréntese.
 
Coñecemos algúns nomes de tradutores: o segoviano [[Domingo Gundisalvo]], que traducía ao latín desde a versión en lingua vulgar do xudeu converso sevillano [[Juan Hispalense]], por exemplo. Grazas ás súas traducións de obras de astronomía e astroloxía e doutros opúsculos de [[Avicena]], [[Algazel]], [[Avicebrón]] e outros, chegaron a Toledo desde toda Europa sabios desexosos de aprender ''in situ'' deses marabillosos libros árabes. Estes empregaban xeralmente como intérprete algún [[mozárabe]] ou xudeu que vertía en lingua vulgar ou en latín bárbaro as obras de [[Avicena]] ou [[Averroes]]. Entre os ingleses que estiveron en Toledo cítanse os nomes de [[Roberto de Retines]], [[Adelardo de Bath]], Alfredo e Daniel de Morlay e [[Miguel Scoto]], a quen serviu de intérprete Andrés o xudeu; italiano foi [[Gerardo de Cremona]], e alemáns [[Hermann o Dálmata]] e [[Hermann o Alemán]]. Grazas a este grupo de autores os coñecementos árabes e algo da sabedoría grega a través destes penetrou no corazón das universidades estranxeiras de Europa. Como froito secundario desa tarefa, a lingua castelá incorporou un numeroso [[léxico]] científico e técnico, frecuentemente [[arabismo]]s, civilizouse, axilizou a súa sintaxe e fíxose apta para a expresión do pensamento, chegando á [[norma]] do chamado "castellano drecho" afonsí.
188.009

edicións