Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mk:Галиција
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 15:
A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a.C, cando o xeneral [[República romana|romano]] [[Décimo Xunio Bruto]] regresa a [[Roma]] -despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, [[Lusitania|lusitanos]] e [[galaicos]]- recibindo do propio [[Senado romano]] o título de ''Gallaecus'' ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes<ref>[http://books.google.com/books?id=ytLiqFszmKQC&pg=PA150&dq=136+Bruto,+Galaico,+galaicos&hl=en&ei=l8AlTMjcF5CRjAfe-71q&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=5&ved=0CDoQ6AEwBA#v=onepage&q=136%20Bruto%2C%20Galaico%2C%20galaicos&f=false Nuevos Estudios sobre la Romanización. José María Blázquez. p150]</ref>. Tras estes primeiros contactos, o mundo greco-latino vai denominar o seu país como ''Gallaecia'', tal e como fixeron [[Estrabón]], [[Plinio]] e [[Apiano]], entre outros. Será este nome ''Gallaecia'' a que irá evolucionando durante máis de 13 séculos, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".
 
Máis controvertido é, non obstante, o significado orixinario do termo ''Gallaicus'' (galaico) e consecuentemente de ''Gallaecia''. O primeiro autor que teorizou sobre isto foi [[Isidoro de Sevilla]], quen no [[século VII]] explicaba que o nome "galaico" aludía á pel branca como o leite que tiñan os seus habitantes, de xeito similar aos habitantes da [[Galia]]<ref>[http://books.google.com/books?id=FBZpAAAAMAAJ&q=%22quod+generat+homines+lacteos%22&dq=%22quod+generat+homines+lacteos%22&hl=en&ei=wsElTLTpCtaSjAeC7rWHAQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCcQ6AEwAA ''De preconiis Hispanie''. Joannes Aegidius. Universidad de Madrid. 1955. p229]</ref>. Serán moitos autores posteriores os que tenten buscar o significado deste nome, tales como [[Afonso X o Sabio]], Ramón Barros Sivelo ou [[Manuel Murguía|Murguía]], mais hoxe tende a relacionarse con étimos das [[linguas celtas]], e [[linguas indoeuropeas|indoeuropeas]] en xeral, de maneira que o significado exacto da palabra é, a día de hoxe, descoñecido.
 
== Símbolos de Galicia ==