Násir al-Din al-Tusí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Nasir al-Din Tusi.jpg|thumb|160px|Násir al-Din al-Tusí nun selo postal iraní conmemorativo no 700º aniversario da súa morte.]]
 
'''Abu Jafar Muhammad Ibn Muhammad Ibn al-Hasan Násir al-Din al-Tusí''', coñecido como '''Násir al-Din al-Tusí''' (escrito tamén como '''Nasir al-Dib al-Tusi''' e '''Nadir ad-Din at-Tusi''') foi un [[Filosofía|filósofo]], [[Matemática|matemático]], [[Astronomía|astrónomo]], [[Teoloxía|teólogo]] e [[Medicina|médico]] [[Persia|persa]], nacido en [[Tus]], [[Khorasán (Irán)|Khorasán]] (daquela en [[Persia]] e na actualidad enactualidade [[Irán]]) en [[1201]], e falecido en Khadimanin, preto de [[Bagdad]], en [[1274]].
 
Cando os exércitos [[Mongolia|mongois]] de [[Genghis Khan]] arrasaban Persia, al-Tusí fuxiu para reunirse cos [[ismailismo|ismailitas]]. As súas contribucións científicas máis importantes datan destes anos, mentres fuxía dunha fortaleza a outra. Finalmente entregouse ás tropas de [[Hulagu]] (un dos fillos de Genghis Khan) despois da invasión do castelo de [[Alamut]] poles forzas mongolas.
 
Escritor polofacéticopolifacético e moi prolífico, o seu nome está inmortalizado coa denominación dun [[cráter]] de 60 km de diámetro na [[Lúa]].
 
Foi quizais o primeiro matemático medieval en tratar a [[trigonometría]] como unha disciplina ou rama separada do tronco das matemáticas, e así se desprende no seu ''Tratado sobre os cuadriláteros''. Foi o primeiro en enumerar a lista dos seis casos distintos de ángulo recto nun [[triángulo esférico]] ([[trigonometría esférica]]). Os seus traballos en trigonometría levárono a ser o primeiro astrónomo oriental en ter unha visión clara da trigonometría plana e esférica.
 
Tusí elaborou táboas moi precisas sobre os movementos planetarios plasmándoos no seu libro ''Zij-i ilkhani'' (As táboas ilkhánicas). Estes libros contiñan posicións en formato tabular coas posiciónesposicións dos planetas e o nome das estrelas. El sistema planetario proposto por el foi o máis avanzado da época e foi usado amplamente até o advenimento do modelo [[heliocentrismo|heliocéntrico]] en tempos de [[Copérnico]]. Entre a época de [[Claudio Ptolomeo|Ptolomeo]] e a de Copérnico considerouse a al-Tusí como o científico máis eminente no campo da observación astronómica.
 
Inventou unha técnica xeométrica denominada ''[[parella de Tusí]]'' que axuda á solución cinemática do movemento lineal como suma de dous movementos circulares. Al-Tusí calculou o valor de 51' para a precesión dos [[equinocio]]s e fixo enormes achegas á construción e uso dalgúns intrumentosinstrumentos astronómicos, incluíndo os [[astrolabio]]s e os [[Reloxo de sol|cuadrantes solares]].
 
O famoso observatorio astronómico de [[Maragheh|Maragué]] (ao norte de Irán) construiuseconstruíuse para que este científico desenvolvera o seu traballo.
 
==Véxase tamén==
{{Commons|Category:Nasir al-Din Tusi}}
===Ligazóns externas===
* [http://www-gap.dcs.st-and.ac.uk/~history/Mathematicians/Al-Tusi_Nasir.html Biografía da Escola de Matemática e Estatística de St. Andrews] {{en}}