Aceite de colza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
algo máis
Liña 11:
A característica principal do aceite de colza é o seu elevado contido en [[ácido erúcico]], 41-52%, un [[ácido graxo]] [[omega-9]] monoinsaturado de fórmula CH<sub>3</sub>(CH<sub>2</sub>)<sub>7</sub>CH=CH(CH<sub>2</sub>)<sub>11</sub>COOH, notado como 22:1 n-9. Tamén se denomina ácido cis-13-docosenoico.
 
Coñécese, desde [[1949]], que este ácido graxo e, polo tanto, o aceite de colza, favorece a formación de depósitos graxos no [[corazón]], polo que o principal uso do aceite de colza foi como lubricante, na fabricación de [[xabón]], na [[siderurxia|industria siderúrxica]] e, actualmente, na fabricación de biocombustibles ([[biodiésel]]). Polas propiedades [[biodegradable]]s deste aceite resulta tamén útil como base de pinturas, envases alimentarios, [[herbicida]]s, etc. Un derivado do ácido erúcico, a erucamida, úsase como aditivo para facer película de polietileno e polipropileno extrusados.
 
==Canola==
A principios dos anos [[1970]] desenvolvéronse variedades de colza con baixos contidos en ácido erúcico, especialmente en Canadá onde se obtivo a variedade chamada ''canola'' que contén só entre o 1 e o 3% de ácido erúcico. Posteriormente desenvolvéronse novas variedades, chamadas ''alto oleico'', nas que o nivel do erúcico se reducía a valores menores do 1%.
 
No aceite de colza natural, en bruto, o ácido oleico só alcanza concentracións da orde do 9-16%, mentres que na canola ascende a valores do 57-60% (similares ós do [[aceite de oliva]], cun 55-80% de ácido oleico) e do 73-77% na variedade alto oleico. A este ácido graxo atribúeselle un efecto cardiosaludable.
 
Estas modificacións conseguiron producir un aceite que contén a menor porcentaxe de graxas saturadas entre tódolos aceites vexetais, con só un 7% de graxas saturadas fronte a un 61 % de graxas monoinsaturadas e un 11% de poliinsaturadas [http://www.canolacouncil.org/uploads/spanish/spanishchart.pdf].
 
Outra vantaxe adicional desta variedade é que presenta, simultaneamente, niveis moi baixos de glucosinolatos na fariña, o que permite utilizar sen problemas a fariña de colza na formulación de [[penso]]s compostos para o [[gando]], sen os problemas que representaban os glucosinolatos na alimentación animal.
Liña 23 ⟶ 25:
 
A segunda interpretación fai vi-lo nome do acrónimo formado polas primeiras letras de '''CAN'''adian '''O'''il '''L'''ow '''A'''cid, é dicir, aceite canadense baixo en ácido.
 
Por mecanismos semellantes, tamén se lle coñece como ''LEAR oil'', acrónimo de '''L'''ow '''E'''rucic '''A'''cid '''R'''apeseed (Semente de colza de baixa en ácido erúcico).
 
==Características do aceite de colza==