Aceite de colza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
formato
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 19:
 
Outra vantaxe adicional desta variedade é que presenta, simultaneamente, niveis moi baixos de glucosinolatos na fariña, o que permite utilizar sen problemas a fariña de colza na formulación de [[penso]]s compostos para o [[gando]], sen os problemas que representaban os glucosinolatos na alimentación animal.
 
''Canola'' é unha marca rexistrada, desenvolvida polos científicos canadenses Baldur Stefansson e Richard Downey, entre os anos 1958 e 1974, e o concello de Canola en Canada. Segundo esta interpretación, o nome ''Canola'' non é un acrónimo senón que significaría ''aceite de Canadá'', para diferencialo do aceite de colza que non cumpre os criterios regulamentarios de Canola Council of Canada, que debe designarse simplemente ''aceite de colza''.
 
A segunda interpretación fai vi-lo nome do acrónimo formado polas primeiras letras de '''CAN'''adian '''O'''il '''L'''ow '''A'''cid, é dicir, aceite canadense baixo en ácido.
 
==Características do aceite de colza==
[[Ficheiro:CanolaOil bottle.jpg|thumb|150px|Botella de aceite de canola]]
O aceite de colza é moi insaturado e, por conseguinte, facilmente oxidable, polo que na indistria alimentaria adoita procederse á súa hidroxenación para evita-lo [[enranciamento]].