Adenosín difosfato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
O ADP é o produto da [[desfosforilación]] do [[ATP]] por acción das [[ATPase]]s. O ADP pode converterse de novo en ATP pola acción das [[ATP sintase]]s. O ATP é unha molécula importante na transferencia de enerxía na célula.<ref name="hyperphysics.phy-astr.gsu.edu">Nave, C.R. Adenosine Triphosphate. Georgia State University: Hyper Physics [serial on the Internet]. 2005 [cited 2007 December 7]. Available from:
http://hyperphysics.phy-astr.gsu.edu/hbase/biology/atp.html</ref> A conversión destas dúas moléculas xoga un papel fundamental para fornecer enerxía a todos os procesos da vida.<ref name="hyperphysics.phy-astr.gsu.edu"/> A rotura dun [[enlace anhidro]] entre os fosfatos do ATP xera aproximadamente 7,3 kcal por mol de ATP.<ref name="emc.maricopa.edu">Farabee, M.J. The Nature of ATP. ATP and Biological Energy [serial on the Internet]. 2002 [cited 2007 December 7]. Available from:
http://www.emc.maricopa.edu/faculty/farabee/BIOBK/BioBookATP.html</ref> Coa enerxía liberada pola respiración aerobia mitocondrial dos nutrientes o ADP pode ser cargado con outro fosfato e transformado en ATP.<ref name="hyperphysics.phy-astr.gsu.edu"/> Durante a fase luminosa da [[fotosíntese]] a enerxía da luz convértese en enrxía do enlace fosfato ([[fotofosforilación]]) convertendo ADP en ATP.<ref name="emc.maricopa.edu"/>
 
Nas [[plaqueta]]s o ADP almacénase en [[corpos densos]] e libérase cando as plaquetas se activan. O ADP interacciona cunha familia de receptores do ADP que se encontran nas plaquetas, chamados P2Y1, P2Y12 e P2X1, que interveñen na activación das plaquetas.<ref>Murugappa S, Kunapuli SP, "The role of ADP receptors in platelet function", ''Front Biosci.'', 2006, 11:1977-86</ref> No sangue o ADP convértese en [[adenosina]] pola acción de ecto-ADPases, o que inhibe unha posterior activación das plaquetas por medio dos receptores de adenosina.