Chavaga, Monforte de Lemos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 17:
O [[20 de abril]] de [[1949]] no lugar do [[O Piricallo, Chavaga, Monforte de Lemos|Piricallo]] milicianos do destacamento Santiago Carrillo (grupo de "Rocesvinto"), pertencente á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que tiñan alí o seu refuxio, foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: [[Evaristo González Pérez]] "Rocesvinto", [[Guillermo Morán García]] "Asturiano", [[Gregorio Colmenero Fernández]] "Porreto" de Torbeo e [[Julián Acebo Alberca]] "Guardiña". Outro guerrilleiro do grupo, [[Fermín Gutierrez Lada]] "Segura", conseguiu fuxir.
 
En [[2006]] púxose unha placa recordando os feitos que foi roubada ás poucas horas de ser descuberta.
A placa foi recolocada o 18 de abril de [[2009]].
 
==Patrimonio==
A igrexa parroquial de San Xoán de Chavaga é do [[século XVIII]].
 
===Festas PArroquiais===
*'''Festas de Pascua''', en Semana Santa.