Mestrado en administración de negocios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Un '''Master en Administración de Negocios''', '''Mestría en Administración de Negocios''' abreviado '''MBA''' (''Master of Business Administrations'' en inglés) é un título ac..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2011 ás 15:31

Un Master en Administración de Negocios, Mestría en Administración de Negocios abreviado MBA (Master of Business Administrations en inglés) é un título académico de mestría (ou máster), e polo tanto de postgrao, en negocios. Polo xeral ten unha duración de 1 a 3 anos académicos e as escolas de negocio poden ofrecelo en formato tempo completo ou parcial para os profesionais que compatibilizan os estudos dos MBA coa súa actividade profesional. Para os de formato de 2 cursos, o primeiro ano dun MBA éstá orientado a entrenar no coñecemento do contexto empresarial e nas funcións operativas da empresa. O segundo ano, é máis especializado e busca capacitar en temas económicos e administrativos. Para os profesionais con máis experiencia empresarial, hai unha modalidade denominada MBA Executivo (Executive MBA, en inglés), que polo xeral é un posgrao a tempo parcial. Algúns dos programas de MBA permiten ós estudantes especializarse ou concentrarse nunha área (finanzas, mercadotecnia, loxística, negocios sustentables, recursos humáns, exportacións, etc.). Os MBA son impartidos por Escolas de negocios.

Historia

A primeira escola en ofrecer un MBA foi, no ano 1900, a Escola de negocios Tuck School of Business, situada en Nova Hampshire - New Hampshire, Estados Unidos.

Rankings

Existen múltiples rankings que valoran as Escolas de negocios en función de diversos parámetros. Medios de comunicación especializados no mundo dos negocios como Financial Times[1], The Economist]][2], Fortune ou Business Week[3] valoran a calidade da ensinanza e os recursos empregados polas escolas mediante investigaciónpropia, inquéditos ás escolas, ós alumnos e ós antigos alumnos.

Escolas de negocios sobranceiras

Algunhas das Escolas de negocios que habitualmente aparecen nos postos altos na maioría de rankings son a Harvard Business School, University of Chicago Booth School of Business ou a London Business School. Hai 3 escolas de negocios españolas que, segundo a maioría de rankings están entre as mellores de Europa, son ESADE, IESE, EADA (esta non está tar arriba nos rankings) en Barcelona ou o Instituto de Empresa en Madrid En Galicia durante os últimos anos houbo 2 escolas de negocios: Escola de Negocios Caixanova e ITE Caixa Galicia, ambas pertencentes a Novacaixagalicia, trala fusión entre Caixa Nova e Caixa Galicia está por determinar que pasará con ambas escolas de negocios.

  1. http://rankings.ft.com/businessschoolrankings/global-mba-rankings
  2. http://www.economist.com/whichmba
  3. http://www.businessweek.com/bschools/rankings/