Grupo Losán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Grupo Losán''' é un grupo de empresas galegas do sector da madeira, especializada na fabricación de taboleiro de madeira. == Historia == Fundada polos irmás Manuel, Luis e..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2011 ás 14:46

Grupo Losán é un grupo de empresas galegas do sector da madeira, especializada na fabricación de taboleiro de madeira.

Historia

Fundada polos irmás Manuel, Luis e Emilio López Sánchez en 1967 na localidade galega de Curtis como unha carpintería, os primeiros anos son de lento crecemento. Non hai ningunha empresa que se chame "Grupo Losán" pero fai referencia ás empresas propiedade dos irmáns López Sánchez. O grupo de empresas tivo un crecemento constante dende a súa creación ata finais da primeira década do século XXI, chegando a ter 18 empresas distintas en 10 países, cun total de 1700 empregados. No ano 2009 a crise económica internacional afetoulle significativamente, tendo que pechar varias das empresas e entrando en varios ERE. Na actualidade, ten fábricas en España, Holanda, Chile, Estados Unidos e Romanía.

Chapa de madeira

Se ben o Grupo Losán se fixo forte no sector da madeira coa producción de taboleiro aglomerado (Taboleiro de madeira), a medida que iba medrando, iba centrando os seus investimentos no sector da chapa de madeira, chegando a ser o maior productor de España cunha capacidade de producción dunhos 60 millóns de m2 ó ano nas súas 5 fábricas de chapa de madeira: Romanía, Curtis (Provincia da Coruña), Brasil, Chile e Estados Unidos.

Outros derivados da chapa de madeira

Na localidade coruñesa de Curtis ten o seu departamento de I+D na que levan anos na investigación de novos produtos, especialmente os relacionados con derivados da chapa de madeira. Os 2 produtos nos que se están centrando son a chapa tintada e a chapa precomposta, ambos produtos con producción case en exclusiva ata o momento en Italia e China.

Actualidade

Actualmente o Grupo Losán pechou tódolos seus almacéns cambiando de estratexia comercial, pasando a ofrecer chapa de madeira tan so dende o punto de producción.

Véxase tamén

Ligazóns

Páxina web do Grupo Losán Páxina web de Channel Veneers, empresa adicada á producción de chapa de madeira Páxina web do Grupo Losán en Romania