Diferenzas entre revisións de «Alta Idade Media»

sen resumo de edición
Periodo histórico que vai do ano [[476]] despois de [[Xesucristo]], cando se produce a [[Caída do Imperio Romano]] ata o [[1066]], cando [[Guillerme de Normandía]] conquista [[Inglaterra]] e considérase que da comezo a [[Baixa Idade Media]].
 
A Alta [[Idade Media]] destaca pola invasión dos pobos xermánicos e o establecemento paulatino dun novo modelo social, o [[feudalismo]]. Esta caracterizada tamén pola barbarie dos pobos invasores, que se foi calmando segundo se foron asentando, pasando de guerreiros a terratenentes, e de [[paganos]] a [[cristianos]]. O sistema feudal desenvolvese o non ter o rei unha grande autoridade sobre os seus [[plutócratas]], ó estilo [[xermánico]], e considérase implantado en toda [[Europa Occidental]] unha vez se produce a [[conquista Normanda de Inglaterra]].
 
Destacan dentro deste periodo histórico as invasións dos musulmáns en case toda a [[Península Ibérica]], as incursións dos [[vikingos]] por todo o norte de Europa, e a fundación do [[Imperio Carolinxio]] e do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Tamén destacan os esforzos do [[Imperio Bizantino]], antes [[Imperio Romano de Oriente]], por reconquistar [[Italia]], e a creación dos [[Estados Pontificios]].
392

edicións