Cósmido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
Un '''cósmido''', é un tipo de [[plásmido]] híbrido que contén ''secuencias cos'' procedentes do [[fago lambda]], que se pode empaquetar dentro de [[cápsida]]s de [[fago]]s e que se usa como [[vector de clonación]]. Os cósmidos poden utilizarse para elaborar [[librarías xenómicas]]<ref>Stryer, Lubert (1995) ''Biochemistry'' 4th ed. ISBN 0-7167-2009-4</ref>. Foron descritos por primeira vez por Collins e Hohn en 1978.
 
Os cósmidos conteñen unha orixe de replicación bacteriana oriV (por exemplo, SV40 oriV ou outro), un marcador para a selección con antibióticos, un sitio de clonación, e un, ou máis recentemente dous, sitios ''cos'' derivados do fago lambda. Os cósmidos poden contertransportar de 37 a 52 [[par de bases|kb]] de ADN (o xene inserido), cando o normal nun plásmido é levartransportar só de 1–20 kb. Poden [[replicación do ADN|replicar o seu ADN]] como calquera outro plásmido se teñen unha orixe de replicación axeitada: por exemplo a orixe [[SV40 ori]] en células de mamíferos, ou [[ColE1 ori]] para a replicación de ADN bicatenario ou [[f1 ori]] para a replicación de ADN monocatenario en [[procariota]]s. Con frecuencia conteñen tamén un xene usado para a súa selección, como un xene que lles dá resistencia aos [[antibiótico]]s, por medio do cal poden ser identificadas as células nas que se produciu a transfección (incorporaron o cósmido) facéndoas crecer nun medio que conteña o antibiótico. As células que non incorporaron o cósmido non terán resistencia e morrerán en presenza do antibiótico.
 
A diferenza dos plásmidos, os cósmidos poden ser empaquetados en [[cápsida]]s de [[fago]]s, o que permite que os xenes alleos sexan transferidos ao interior ou entre as células por [[transdución]] realizada polo fago. Os plásmidos vólvense inestables cando se lles insire unha cantidade de ADN non moi grande, porque o seu aumento de tamaño fai que sexan máis susceptibles á [[recombinación xenética]]. Para evitar isto, úsasePero a transdución decon fagos evita isto. IstoAínda éque posibleo cósmido se empaqueta na cápsida do fago en forma linear, este, unha vez dentro da bacteria, recircularízase grazas aos seus "extremos cohesivos" dos cósmidos, tamén chamados sitios ''cos''. Deste modo, usar cósmidos é similar a usar o fago lambda como vector, pero coa diferenza de que todos os xenes de lambda foron eliminados coa única excepción da secuencia ''cos'' <ref>*Bruce A. Voyles (2002) ''The biology of viruses'' 2nd ed. ISBN 0-07-237031-9</ref>.
 
As secuencias ''cos'' teñen unha lonxitude de ~200 [[par de bases|pares de bases]] e son esenciais para o empaquetamento. Conteñen un sitio ''cosN'' onde o encima [[terminase]] lle fai unha mosega ou corte ao ADN en cada extremo, a 12 [[par de bases|bp]]<ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=eurekah.section.43841 Eurekah Biosciences Collection: Viruses, @NCBI]</ref>. Isto causa a linearización do cósmido, que ata entón era circular, que presentará dous extremos "cohesivos" ou "pegañentos" de 12 bp. É importante que o ADN estea linearizado para poder empaquetalo na cápsida do fago, pero unha vez dentro da bacteria volve a recircularizarse grazas aos seus extemos cohesivos. O sitio ''cosB'' sostén a terminase mentres esta está facendo o corte e separando as cadeas do ADN. O sitio ''cosQ'' do seguinte cósmido (xa que a replicación polo método dos [[replicación por círculos rodantes|círculos rodantes]] a miúdo orixina [[concatémero]]s lineares) é sostido pola terminase despois de que o cósmido anterior foi empaquetado, para impedir a degradación polas [[ADNase]]s celulares.[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=eurekah.figgrp.43844 Imaxe]
 
==Notas==