Cósmido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Os cósmidos conteñen unha orixe de replicación bacteriana oriV (por exemplo, SV40 oriV ou outro), un marcador para a selección con antibióticos, un sitio de clonación, e un, ou máis recentemente dous, sitios ''cos'' derivados do fago lambda. Os cósmidos poden conter de 37 a 52 [[par de bases|kb]] de ADN, cando o normal nun plásmido é levar só de 1–20 kb. Poden [[replicación do ADN|replicar o seu ADN]] como calquera outro plásmido se teñen unha orixe de replicación axeitada: por exemplo a orixe [[SV40 ori]] en células de mamíferos, ou [[ColE1 ori]] para a replicación de ADN bicatenario ou [[f1 ori]] para a replicación de ADN monocatenario en [[procariota]]s. Con frecuencia conteñen tamén un xene usado para a súa selección, como un xene que lles dá resistencia aos [[antibiótico]]s, por medio do cal poden ser identificadas as células nas que se produciu a transfección (incorporaron o cósmido) facéndoas crecer nun medio que conteña o antibiótico. As células que non incorporaron o cósmido non terán resistencia e morrerán en presenza do antibiótico.
 
A diferenza dos plásmidos, os cósmidos poden ser empaquetados en [[cápsida]]s de [[fago]]s, o que permite que os xenes alleos sexan transferidos ao interior ou entre as células por [[transdución]]. Os plásmidos vólvense inestables cando se lles insire unha cantidade de ADN non moi grande, porque o seu aumento de tamaño fai que sexan máis susceptibles á [[recombinación xenética]]. Para evitar isto, úsase a transdución de fagos. Isto é posible grazas aos "extremos cohesivos" dos cósmidos, tamén chamados sitios ''cos''. Deste modo, usar cósmidos é similar a usar o fago lambda como vector, pero coa diferenza de que todos os xenes de lambda foron eliminados coa única excepción da secuencia ''cos'' <ref>*Bruce A. Voyles (2002) ''The biology of viruses'' 2nd ed. ISBN 0-07-237031-9</ref>.
 
As secuencias ''cos'' teñen unha lonxitude de ~200 [[par de bases|pares de bases]] e son esenciais para o empaquetamento. Conteñen un sitio ''cosN'' onde o encima [[terminase]] lle fai unha mosega ou corte ao ADN en cada extremo, a 12 [[par de bases|bp]]<ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=eurekah.section.43841 Eurekah Biosciences Collection: Viruses, @NCBI]</ref>. Isto causa a linearización do cósmido, que ata entón era circular, que presentará dous extremos "cohesivos" ou "pegañentos" de 12 bp. É importante que o ADN estea linearizado para poder empaquetalo na cápsida do fago. O sitio ''cosB'' sostén a terminase mentres esta está facendo o corte e separando as cadeas do ADN. O sitio ''cosQ'' do seguinte cósmido (xa que a replicación polo método dos [[replicación por círculos rodantes|círculos rodantes]] a miúdo orixina [[concatámero]]s lineares) é sostido pola terminase despois de que o cósmido anterior foi empaquetado, para impedir a degradación polas [[ADNase]]s celulares.[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=eurekah.figgrp.43844 Imaxe]