Abrir o menú principal

Cambios

En [[1838]] o [[arquitecto]] [[Alessandro Della Gherardesca]] escavou un camiño ao redor da torre para facer visible a base. Isto causou unha inundación da base e de novo un incremento da súa inclinación.
 
En 1934 [[Benito Mussolini]] ordenou colocar a torre en posición vertical, polo que se vertióverteu [[cemento]] na súa base, para evitar filtracións. O resultado foi inesperado, a torre afundiuse aínda máis na terra reblandecida.
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] a armada dos [[Estados Unidos]] destruíu todas as torres próximas en Pisa debido á ameaza que supuñan os francotiradores desde esas posicións. Programouse a voadura da Torre inclinada, pero unha orde de retirada no último instante salvouna da destrución.
O 27 de febreiro de [[1964]], o goberno de [[Italia]] pediu axuda para previr a caída da torre. Un conxunto de [[enxeñería|enxeñeiros]], [[matemático]]s e [[historiador]]é asignouse ao proxecto e debateron sobre os métodos de estabilización nas [[Illas Azores]]. Tras dúas décadas de traballo, a torre foi pechada ao público en xaneiro de [[1990]].
 
Logo dunha década de esforzos de reconstrución e estabilización, a torre foi reaberta ao público o 15 de decembro de [[2001]]. Moitos métodos propuxéronse para estabilizar a torre, incluíndo engadir 800 toneladas métricas de [[chumbo]] de contrapeso. A solución final para corrixir a inclinación foi eliminar 38 m³ de terra da zona inferior á base. A torre foi declarada estable para polo menos outros 300 anos.
 
== Información técnica ==
172.952

edicións