Padres da Igrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: mk:Црковни Отци
m corrixir ortografia
Liña 3:
 
== Características ==
O consenso unánime dos pais da Igrexa na interpretación das [[Biblia|Sagradas Escrituras]] enténdese que é fonte fundamental para o establecemento da doutrina auténtica. Cando a [[Igrexa Ortodoxa]] e a Igrexa católica consideran que a tradición é fonte de fe e ilumina o senso profundo do [[Antigo Testamento]] e do [[Novo Testamento]], apelan ao testimuñotestemuño destes autores.
 
Así, o xeito de entender a figura de [[Xesús de Nazareth]] como Salvador da humanidade, a súa morte e [[resurrección]] e a articulación paulatina do [[dogma]], a través das definicións conciliares, teñen nos Pais da Igrexa fonte de inspiración e criterio de interpretación.
Liña 15:
*[[Xustino Mártir]] (executado entre os anos 163-167) para quen o cristianismo é a plenitude da [[filosofía]] por derivar da [[encarnación]] do [[Logos]]. Esta filosofía completa o [[Antigo Testamento]] e as ''sementes de verdade'' das filosofías paganas e xera unha nova sociedade baseada no [[comunismo]] e no amor ao inimigo.
 
*[[San Irineo]] (130-200): combateu ao [[gnosticismo]], fronte ao cal defendeu que Deus é o Creador do mundo material, incluído o corpo humano. Estes non son malos por natureza; o mal é froito da liberdade. A Gloria de Deus é que o home viva. Foi executado morrendo como [[martirmártir]]
 
*[[Oríxenes]] (186-254): busca o significado espiritual das sagradas escrituras superando o teor literal. Defende a esencia espiritual do home e considera que, mediante un proceso purificador, todos os homes, a creación enteira e o mesmo [[Satán]] acadarán a unión con Deus. É a restauración universal ou [[apokatástasis]]. Morreu a consecuencia das duras torturas ás que foi sometido durante a persecución de [[Decio]]
 
*San [[Atanasio de Alexandría]] (279-273): Bispo de [[Alexandría]]. Combateu a herexía de [[Ario]] defendendo a divindade do Verbo de Deus. Segundo el, O Verbo de Deus, compadecido da debilidade do home, e condescendente coa súa corrupción, fíxose home, para que o home se fixera Deus. Trátase da fe do Concilio de [[Nicea]], e o xermolo de espiritualidade ortodoxa que pretende acadar a divinohumanidadedivina humanidade. Foi desterrado cinco veces nos períodos nos que o poder civil apoiaba o [[arianismo]]
 
*San [[Basilio o Grande]] (331-379):infatigable pastor na defensa dos pobres e os enfermos. Aberto á cultura pagá, recomendou á xente nova a lectura dos clásicos gregos. No terreo da [[teoloxía]], defendeu a divindade do [[Espírito Santo]]. Puxo as bases do monacato, buscando superar o individualismo eremítico a través da vida compartida e aberta ao servizo de todos. Desafiou aos emperadores [[Xuliano o Apóstata]] e [[Valente]] o ariano. É un dos pais da [[Capadocia]]
Liña 29:
*San [[Xoán Crisóstomo]] (347-407): proclamado polo pobo de Constantinopla bispo da cidade. Defendeu ao seu pobo fronte ao Emperador, solidarizouse cos pobres e fustigou o luxo da Corte imperial, morrendo por isto no desterro. Foi moi famoso polos seus sermóns ao tempo claros e elocuentes. Neles predicou o amor desinteresado e o senso da xustiza. Consideraba ao home como o maior prodixio do Universo, máis prezado para Deus que a Creación enteira
 
*San [[Xoán Damasceno]] (675-749): defendeu a veneración aos [[icona]]s, fronte ao Emperador [[León III]] e os [[iconoclastia|iconoclastas]]. Cristo é oa IconoIcona de Deus por antonomasia. Deus, pola encarnación do seu fillo, redimiunos a través da materia. OsAs iconosiconas, en canto imaxes materiais, elévannos ao trascendentetranscendente. A ordenación do Cosmos evoca unha Intelixencia persoal ordenadora. De tódolos xeitos, a mellor maneira de falar de Deus é en negativo, porque todo o que lle atribuamos é máis desigual ca igual a El, debido a súa infinitude insondable.
 
==Tradición latina==
Liña 36:
*San [[León I]] Magno (+ 461): primeiro [[Papa]] no sentido histórico do termo (primado de [[Pedro]]). Exerceu un auténtico liderado na Igrexa occidental. Foi célebre o seu diálogo pacífico con [[Atila]] que evitou a invasión e saqueo da cidade polos [[hunos]].
 
*San [[Ambrosio de Milán]] (339-397): proclamado polo pobo bispo de [[Milán]] debido á súa recoñecida sabedoría e bondade. Condenou a matanza de [[Tesalónica]] perpetrada polo Emperador [[Teodosio I]]. Supeditou a lexitimidade do seu poder á sumisiónsubmisión aos valores da xustiza e a caridade consonte o espírito cristiá. Repróchaselle certa intolerancia cos xudeus.
 
*San [[Agostiño de Hipona]]: pensador fundamental da historia da filosofía. En canto ás súas ideas estritamente relixiosas cabe salientar: A [[Graza]]: don gratuíto do Amor de Deus que concede a salvación sen mérito por parte do home; isto enfrontouno a [[Pelaxio]] que defendía a salvación polas boas obras e foi considerado herexe. A [[Santa Trindade]]: na obra do mesmo nome concibe a unidade sustancialsubstancial de Deus como unha comunióncomuñón de Amor entre as tres persoas divinas. A ''Cidade de Deus'': como meta da humanidade que supón desacralizar o poder político, o cal debe someterse ás esixencias da xustiza e da caridade consonte o espírito cristiá. O home: criatura feita á imaxe e semellanza de Deus que, tal como expresa nas súas ''Confesións'', vivirá inquedo ata que non acougue en Deus. A moral: centrada no amor ao próximo incluído o inimigo (''ama e fai o que queiras'', afirmará no seu ''Comentario á primeira Carta de S. Xoán''). Para Agostiño "o amor é unha perla preciosa que, se non se posúe, de nada serven o resto das cousas, e se se posúe, sobra todo o demais".
 
*[[San Xerome]] (347-420): Tradutor ao latín da [[Biblia]] ([[Vulgata]]). De espírito inquedo e unha vasta cultura, sostivo con paixón as máis diversas polémicas teolóxicas. Fustigou ao clero de Roma, ás virxes hipócritas e á comodidade dos monxes, o que o levou a vivir como eremita en [[Terra Santa]] a onde trasladou a súa extensa biblioteca. Non compartiu as correntes maniqueas e gnósticas que condeabancondenaban o matrimonio, pero insistiu en considerar máis excelsa a virxinidadevirxindade.
 
*San [[Gregorio I, Papa|Gregorio I]] Magno (540-604): [[Papa]] que se considerou a sí mesmo como servo dos servos de Deus. Impulsou o monacato segundo a regra de San [[Bieito de Nursia]] (Oración, pobreza, lectura, traballo, e vida comunitaria) e deu un forte pulo á evanxelización das afastadas terras pagás esixindo o respecto á cultura e santuarios indíxenas. Puxo as bases do [[canto gregoriano]].