Ron Weasley: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
sección de notas |
|||
Liña 23:
A tensión amorosa que se vai creando entre os personaxes de Ron e Hermione faise moi notoria no cuarto libro, ''[[Harry Potter e o Cáliz de fogo]]'', cando ela mostra interese por [[Viktor Krum]]. Por outra banda, a súa relación con Harry tamén se vai deteriorando cando este último participa no Torneo Tres Meigos, malia non poder, por causa dunha trampa que argallara Voldemort. En ''[[Harry Potter e a Orde do Fénix]]'', Ron mostra lealdade cara a Harry despois de que este perdera todo o seu creto para case toda a comunidade máxica por afirmar o regreso de Lord Voldemort ao final do curso anterior. Xunto a Hermione, funda un grupo clandestino denominado [[Exército de Dumbledore]] co fin de ensinar aos estudantes técnicas de defensa. Tamén se une ao equipo de [[quidditch]] de Gryffindor. No clímax da novela, Ron enfróntase aos [[Devorador da Morte|Devoradores de Morte]] xunto a Harry, Hermione, Ginny, [[Neville Longbottom]] e [[Luna Lovegood]] no Departamento de Misterios do [[Ministerio de Maxia]]. Aínda que sae ferido da batalla, recupérase por completo ao final do libro.
En ''[[Harry Potter e o misterio do príncipe]]'' Ron continúa a ser o gardián do equipo de quidditch de Gryffindor, malia as súas malas actuacións nalgúns partidos. Ademais, Ron comeza unha relación con [[Lavender Brown]], cousa que afecta a Hermione que se distancia del, chegando a ignoralo. Non obstante, despois do Nadal Ron empeza a mostrar signos de descontento coa súa relación con Lavender. A rifa entre Ron e Hermione non cesa ata que este case morre a causa de beber [[hidromel]] envelenado que [[Draco Malfoy]] en realidade enviara a [[Albus Dumbledore]]. Pouco despois do incidente, Ron e Lavender acaban a súa relación. Nunha entrevista, Rowling dixo que "realmente se divertira escribindo a relación entre Ron e Lavender porque ata ese punto Ron fora bastante inmaturo comparado cos outros dous [Harry e Hermione], e el necesitaba facer sentir a Hermione que el pagaba a pena... Tivo que medrar emocionalmente e agora deu un enorme paso adiante".<ref>{{cite news|url=http://www.accio-quote.org/articles/2005/0705-tlc_mugglenet-anelli-2.htm|accessdate=27 de agosto de 2008|title=Anelli, Melissa and Emerson Spartz. "The Leaky Cauldron and MuggleNet interview Joanne Kathleen Rowling: Part Two
=== Sétimo libro ===
|