Ron Weasley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: completo con axuda parcial de en.wp
Toliño (conversa | contribucións)
→‎Sétimo libro: finalizo a sección sobre a traxectoria do personaxe (tradución parcial de en.wp)
Liña 26:
 
=== Sétimo libro ===
En ''[[Harry Potter e as reliquias da morte]]'', Ron está disposto, xunto con Hermione, a seguir a Harry e destruír todos os [[Horcrux]] creados por Voldemort e así acabar co Señor Escuro. Pouco a pouco, vai aparecendo un sentimento de frustración en Ron derivado da falta dun plan concreto e termina por abandonar temporalmente os seus amigos. Durante a súa ausencia, Harry e Hermione evitan pronunciar o seu nome. Finalmente regresa, arrepentido, e salva a Harry de morrer afogado nunha poza cando trata de obter a espada de Godric Gryffindor.
{{Enuso}}
 
Máis adiante, os tres son capturados polos Devoradores da Morte e [[Bellatrix Lestrange]] tortura a Hermione co Maleficio Cruciatus co fin de obter información. Finalmente son rescatados polo trasno Dobby, que morre durante a fuxida. O trío regresa a Hogwarts coa esperanza de atopar o último Horcrux que queda por destruír, pero ao teren perdido a espada de Gryffindor, Ron ten a idea de ir buscar un cabeiro de basilisco á Cámara dos Segredos para destruír a copa de Helga Hufflepuff. En canto Hermione emprega o cabeiro para acabar co Horcrux lánzase cara a el e bésao por vez primeira. Logo diso, toma parte na batalla de Hogwarts, onde é testemuña da morte do seu irmán Fred e axuda a Neville a derrotar a [[Fenrir Greyback]].
 
==== Epílogo ====
Dezanove anos despois, Ron está casado con Hermione e ambos teñen dous fillos: [[Rose Weasley]] e [[Hugo Weasley]]. El e mais Harry traballan para o Ministerio de Maxia como [[Auror]]es, e xunto a Hermione axudaron á modernización do Ministerio.<ref>[http://today.msnbc.msn.com/id/19959323/ "JK Rowling's Interview with Meredith Vieira"], 26 de xullo de 2007 'Todayshow.com' Consultado o 26 de xullo de 2007</ref> Antes de converterse en Auror, Ron traballara con [[George Weasley|George]] na tenda de trangalladas Weasley da Travesa Diagon, un negocio que se fixera moi lucrativo.<ref>{{cite news|url=http://www.bloomsbury.com/harrypotter/content.asp?sec=3&sec2=1|date=31 de xullo de 2007|accessdate=31 de xullo de 2007|publisher=[[Bloomsbury Publishing]]|title=Online Chat Transcript|archiveurl=http://web.archive.org/web/20071012230751/http://www.bloomsbury.com/harrypotter/content.asp?sec=3&sec2=1|archivedate=12 de outubro de 2007}}</ref>
 
== Aparicións cinematográficas ==