Ron Weasley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: completo con axuda parcial de en.wp
Liña 23:
A tensión amorosa que se vai creando entre os personaxes de Ron e Hermione faise moi notoria no cuarto libro, ''[[Harry Potter e o Cáliz de fogo]]'', cando ela mostra interese por [[Viktor Krum]]. Por outra banda, a súa relación con Harry tamén se vai deteriorando cando este último participa no Torneo Tres Meigos, malia non poder, por causa dunha trampa que argallara Voldemort. En ''[[Harry Potter e a Orde do Fénix]]'', Ron mostra lealdade cara a Harry despois de que este perdera todo o seu creto para case toda a comunidade máxica por afirmar o regreso de Lord Voldemort ao final do curso anterior. Xunto a Hermione, funda un grupo clandestino denominado [[Exército de Dumbledore]] co fin de ensinar aos estudantes técnicas de defensa. Tamén se une ao equipo de [[quidditch]] de Gryffindor. No clímax da novela, Ron enfróntase aos [[Devorador da Morte|Devoradores de Morte]] xunto a Harry, Hermione, Ginny, [[Neville Longbottom]] e [[Luna Lovegood]] no Departamento de Misterios do [[Ministerio de Maxia]]. Aínda que sae ferido da batalla, recupérase por completo ao final do libro.
 
En ''[[Harry Potter e o misterio do príncipe]]'' Ron continúa a ser o gardián do equipo de quidditch de Gryffindor, malia as súas malas actuacións nalgúns partidos. Ademais, Ron comeza unha relación con [[Lavender Brown]], cousa que afecta a Hermione que se distancia del, chegando a ignoralo. Non obstante, despois do Nadal Ron empeza a mostrar signos de descontento coa súa relación con Lavender. A rifa entre Ron e Hermione non cesa ata que este case morre a causa de beber [[hidromel]] envelenado que [[Draco Malfoy]] en realidade enviara a [[Albus Dumbledore]]. Pouco despois do incidente, Ron e Lavender acaban a súa relación. Nunha entrevista, Rowling dixo que "realmente se divertira escribindo a relación entre Ron e Lavender porque ata ese punto Ron fora bastante inmaturo comparado cos outros dous [Harry e Hermione], e el necesitaba facer sentir a Hermione que el pagaba a pena... Tivo que medrar emocionalmente e agora deu un enorme paso adiante".<ref>{{cite news|url=http://www.accio-quote.org/articles/2005/0705-tlc_mugglenet-anelli-2.htm|accessdate=27 de agosto de 2008|title=Anelli, Melissa and Emerson Spartz. "The Leaky Cauldron and MuggleNet interview Joanne Kathleen Rowling: Part Two," |work=The Leaky Cauldron, |date=16 de xullo de 2005|quote=really enjoyed writing the Ron/Lavender business, and the reason that was enjoyable was Ron up to this point has been quite immature compared to the other two, and he kind of needed to make himself worthy of Hermione....he had to grow up emotionally and now he's taken a big step up.}}</ref>
{{Enuso}}
No [[Harry Potter e o misterio do príncipe|sexto libro]] Ron sae cunha moza de Gryffindor chamada Lavender Brown, unha das razóns pola cal Hermione estea "eufórica" neste libro. Lavender e Ron terminan a súa relación e as oportunidades dun romance entre el e Hermione ábrense novamente.
 
=== Sétimo libro ===
{{Enuso}}
 
==== Epílogo ====