Elena Gago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 60:
 
* http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2011/08/07/elena-gago-e-poetica-das-cousas/521303.html
* '''ELENA GAGO E A POÉTICA DAS COUSAS'''
* Elena Gago e a poética das cousas
* FELIPE SENÉN É MUSEÓLOGO E TÉCNICO DE XESTIÓN CULTURAL FELIPE SENÉN . 07 de agosto de 2011
As palabras, as cores, as liñas... son como as matemáticas, cando se xuntan suman, restan, multiplican, dividen, emocionan ou provocan. Aquí e a destempo queremos explicarnos sen tópicos fúnebres, dicir que sentimos que xa non estea entre nós a pintora Elena Gago. Por iso de que un respecta moito ós seus deuses vivos e a súa memoria, cando eles e elas traspasan as cancelas dese enigmático Trasmundo de sombras, o que se atreveu a pintar Laxeiro. Máis aínda hoxe cando tanta chocallada e mediocridade se confecciona e impera. Deuses e deusas que semellan inaccesibles e ós que compre regalarlle acougo, tempo para que sigan no seu traballo creador e de dignificación do ser humano, da súa Terra e do seu Tempo. Fumostímidos ou quizais educados, pois atraídos sempre nós custou achegarnos a eles e a elas, quizais pra non molestalos ou mesmo polo medo a fender co mito creado. Os deuses no seu Olimpo. María Elena Fernández-Gago Díaz, estaba entre esas nosas metade divinas, metade humanas. Outra de tantas egrexias mulleres que deu a nai e señora Coruña. Mulleres de armas tomar, filósofas, sabias, creadoras, a tecer e destecer nun tapiz no que se debuxa solidaria distinción.