Elena Gago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 32:
 
* http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2011/07/29/mujer-cine-avenida/518706.html. 29 de julio de 2011
<gallery>
http://fotos00.laopinioncoruna.es/fotos/noticias/318x200/2011-08-05_IMG_2011-07-29_00.41.44__5560489.jpg|María Elena Gago, ante el Kiosco Alfonso, donde expuso por última vez, en 2007. / víctor echave
</gallery>
 
ISABEL BUGALLAL | A CORUÑA Fue a última inquilina do edificio do cine Avenida, no número 7 do Cantón Grande coruñés. Custáralle irse de alí cando Amancio Ortega se fixo dono e señor do inmoble. Pasara toda a súa vida nesa casa, por cuxas ventás vía a baía e os xardíns de Méndez Núñez e do Recheo, e en 2007, tivo que deixar o espazoso piso, onde tamén tiña o seu estudo, para irse a un pequeno apartamento no que apenas podía pintar. Nin pintar, nin se mover, aquela tempada que pasou en cadeira de rodas a causa dunha mala caída. Pero, en canto se recuperou, María Elena Gago, falecida o mércores, foise a un piso grande, como lle gustaban a ela, e recobrou a alegría e as ganas de seguir pintando.
Liña 64 ⟶ 61:
* http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2011/08/07/elena-gago-e-poetica-das-cousas/521303.html
* Elena Gago e a poética das cousas
* FELIPE SENÉN É MUSEÓLOGO E TÉCNICO DE XESTIÓN CULTURAL FELIPE SENÉN . 07 de agosto de 2011
As palabras, as cores, as liñas... son como as matemáticas, cando se xuntan suman, restan, multiplican, dividen, emocionan ou provocan. Aquí e a destempo queremos explicarnos sen tópicos fúnebres, dicir que sentimos que xa non estea entre nós a pintora Elena Gago. Por iso de que un respecta moito ós seus deuses vivos e a súa memoria, cando eles e elas traspasan as cancelas dese enigmático Trasmundo de sombras, o que se atreveu a pintar Laxeiro. Máis aínda hoxe cando tanta chocallada e mediocridade se confecciona e impera. Deuses e deusas que semellan inaccesibles e ós que compre regalarlle acougo, tempo para que sigan no seu traballo creador e de dignificación do ser humano, da súa Terra e do seu Tempo. Fumostímidos ou quizais educados, pois atraídos sempre nós custou achegarnos a eles e a elas, quizais pra non molestalos ou mesmo polo medo a fender co mito creado. Os deuses no seu Olimpo. María Elena Fernández-Gago Díaz, estaba entre esas nosas metade divinas, metade humanas. Outra de tantas egrexias mulleres que deu a nai e señora Coruña. Mulleres de armas tomar, filósofas, sabias, creadoras, a tecer e destecer nun tapiz no que se debuxa solidaria distinción.