Aditivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
recat.
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 5:
Non se consideran aditivos aquelas substancias que desaparezan durante o proceso de elaboración (neste caso denomínanse ''axentes auxiliares'' ou ''coadxuvantes tecnolóxicos''), nin tampouco os ingredientes que compoñen un produto alimenticio (aínda que teñan acción conservante ou outra, como pode se-lo caso do [[sal]], [[azucre]] ou [[vinagre]], por exemplo) nin sequera cando se engaden [[vitamina]]s ou [[mineral|minerais]] para enriquece-lo valor nutritivo do alimento. Tampouco o son as substancias utilizadas como soporte, para disolver, diluír ou modificar un aditivo nin, por suposto, as impurezas ou [[contaminante]]s que poida conte-lo alimento.
 
Os aditivos identifícanse polo seu nome químico ou, máis normalmente, mediante un código internacional que, na [[Unión Europea]], comeza coa letra '''E''' e segue con tres ou catro díxitos que designan cada substancia (ás veces seguidos de letras). En España utilizouse durante anos a letra '''H''' (de Hispania) para identifica-los aditivos autorizados no mercado nacional, e aínda pode verse esta codificación nalgunhas [[etiquetaxe dos alimentos|etiquetas]] de certos alimentos.
[[Ficheiro:Crema.jpg|thumb|410px|Aditivos na lista de ingredientes dunha sobremesa láctea (''natillas'')]]
== Antecedentes históricos ==
Liña 169:
Unha posible explicación para esta absurda atribución sería a seguinte: alguén le nunha etiqueta que contén E-330. Buscando nas listas de aditivos descobre que é o [[ácido cítrico]]. Segue buscando e le que o ácido cítrico é un dos pasos principais do [[ciclo de Krebs]]. Como ignora que o ciclo de Krebs é un proceso normal no organismo para almacenar e liberar enerxía, busca nun dicionario de alemán e descobre que krebs significa cancro. A conclusión que tira de todo isto é que o E-330, o ácido cítrico, é un paso na evolución do cancro <ref> Casalderrey: "El ciclo de Krebs y la maldición del E-330", en ''La Voz de Galicia'' 25.06.1993.</ref>.
 
Cómpre advertir que estas listas están absolutamente infundadas, que carecen da mínima base científica e que non se deben observar nin contribuír na súa difusión. A orixe da ''lista Villejuif'', que circula desde [[1976]] <ref>Outras fontes consultadas sitúan a data de aparición desta lista no 1973.</ref>, foi unha folga laboral nunha fábrica de bebidas refrescantes localizada en Villejuif, cerca de París, e foi elaborada por un traballador da empresa coa clara intención de difamala, a partir dalgúns dos aditivos que, efectivamente, utilizaba esta industria. En Villejuif existe un hospital oncolóxico, que desde o primeiro momento negou calquera vinculación coa redacción da lista. A ''lista de Majadahonda'' non é máis que unha tradución daquela e atribúe a autoría a un suposto ''Hospital de Majadahonda'', que realmente non existe; e tivo especial difusión a raíz da intoxicación masiva ocorrida en España con [[aceite de colza]] desnaturalizado, oa chamadochamada ''[[Síndrome tóxicotóxica]]'', en [[1981]].
 
A ''lista de Majadahonda'' coñeceu sucesivas modificacións, tan falsas como a versión orixinal. Houbo desde o simple cambio de autoría polo do ''Hospital de Leganés'' ata o engadido de marcas comerciais que utilizaban os aditivos da lista, e mesmo chegou a circular asinada por unha [[pediatría|pediatra]] que daba o seu número de colexiada en Madrid, como para darlle máis verosimilitude. Nunca existiu tal ''hospital de Leganés'' nin tal doutora <ref>"Aditivos: alarmar por alarmar", en ''OCU-Compra Maestra''.</ref>.