Ron Weasley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
Liña 34:
 
== Caracterización ==
=== Aparencia, personalidade e familiares ===
Ron Weasley é pelirroxo como tódolos membros da súa familia. Alto e delgado, con mans e pés grandes. A súa cara está cuberta dun montón pecas que lle cobren todo o rostro. Ten os ollos azuis e o nariz longo. Ron viviu toda a súa vida de magos dende que naceu, e ensina a Harry moitas cousas cotiás para os magos, como o [[quidditch]], o seu deporte favorito.
 
Liña 46:
 
=== Relacións amorosas ===
*'''[[Hermione Granger]]''':
 
:Calquera indirecta do afecto que xorde entre Ron e [[Hermione Granger|Hermione]] vén cedo, no terceiro libro, ''[[Harry Potter e o preso de Azkaban]]''. Ao primeiro, perden a súa amizade, cousa do que [[Harry James Potter|Harry]] pensa que non se van recuperar e están discutindo constantemente o un co outro. A Ron non lle gusta falar sobre os seus sentimentos cara Hermione, pero mostra actos extremos de celos. Pero se volve inda máis celoso co feito de que Hermione se namore de [[Viktor Krum]], un xogador de [[quidditch]] profesional, no [[Harry Potter e o Cáliz de fogo|cuarto libro]]. Nun segundo plano, tamén demostra os seus celos cando Hermione pregunta a Cormac McLaggen se quere ir con ela á festa de [[Nadal]] que organizara [[Horace Slughorn]] no [[Harry Potter e o misterio do príncipe|sexto libro]]. Ao final deste mesmo libro, viuse a Ron tocar e acariñar o pelo de Hermione, aínda que non se dixo nada de que puideran estar xuntos.
 
*'''[[Lavender Brown]]''':
 
:A relación entre Ron e Lavender foi curta debido a que el non estaba realmente interesado na relación e esta era basicamente física. O que Ron pretendía era darlle celos a Hermione, como ela lle fixera a el con Krum. Hermione non aparece nerviosa pero non pode mirar a Ron mentres estea saíndo con Lavender.
 
*'''[[Fleur Delacour]]''':
 
:Ron sofre un atontamento ao ver a Fleur debido á súa asombrosa beleza, aínda que a atracción parece sinxelamente física e non exhibiu ningún sinal de celos polo feito de que Fleur vaia casar co seu irmán maior [[Bill Weasley|Bill]].