[[Ficheiro:Bandeira galega nacionalista.svg|thumb|right|Estreleira]]
A '''estreleira''' é a bandeira que simboliza a loita pola independencia deda [[GaliciaGaliza]], é a bandeira galega cunha [[estrela vermella]] de cinco puntas no centro, que significa [[independencia]] e [[socialista|socialismo]].
==Historia e características==
Esta modalidade da bandeira de franxa azul é utilizada polo [[nacionalismo galego]] de esquerdas, e por iso ás veces asóciase tamén a estrela vermella do medio coa esquerda política, [[Galeguismo (política)|galeguista]] ou non. Está hoxe moi estendida na [[GaliciaGaliza]] por mor do espallamento do nacionalismo nos últimos anos. A estrela vermella foi creada por militantes [[comunismo|comunistas]] da [[UPG]] (Unión do Povo Galego) polos anos 60 lembrando a [[estrela vermella]] da bandeira dos varios países [[socialismo|socialistas]] do leste<ref>[http://groups.msn.com/laligacomunista/simbologasocialista.msnw ''La estrella roja'']: "É un símbolo do socialismo e o comunismo que representa os cinco dedos da man do traballador, así como cinco continentes. Unha versión menos frecuente suxire que as cinco puntas da estrella representan aos cinco grupos sociais que posibilitarían o tránsito ao socialismo, a saber: a xuventude, os militares, os traballadores industriais, os campesiños agricultores e os intelectuais".</ref>, aínda que nun artigo de Nova Galiza do 36, Castelao fai mención a unha bandeira galega cunha estrela vermella que lle engadían os galeguistas.
Hoxe úsase coma reclamo na defensa do nacionalismo galego<ref>[http://www.elpais.com/solotexto/articulo.html?xref=20080726elpgal_8&type=Tes&anchor=elpepiautgal ''Souvenir nacionalista''.]</ref> <ref>[http://www.xabierpita.es/2008/06/chumbo_para_resucitar_aos_fusi.php ''Chumbo para resucitar aos fusilados''.]</ref>. Todos os partidos políticos nacionalistas de esquerda de GaliciaGaliza ([[Nos-UP]], [[FPG]], [[BNG]]...) úsana coma símbolo<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/21/3749240.shtml ''Galiza Nova dice que el Concello les obligó a trasladar su homenaje a la «Estreleira»''.]</ref>. Ademais o [[BNG]] ficou con ela no seu [[logotipo]]. A xente utilízaa nas manifestacións populares coma reivindicación, e tamén en celebracións<ref>[http://www.vieiros.com/nova/57654/a-seleccion-leva-dez-medallas-no-trofeo-internacional-de-caceres ''Os deportistas galegos subiron a bandeira estreleira ao podio para celebrar a súa vitoria.'']</ref>.
Non ten unhas medidas precisas, xa que a estrela vermella que vai no centro ás veces vai aliñada coa franxa azul, ademais de que habería que recalibrar o ángulo da franxa azul para que a estrela fique no medio e non saia del.
|