Glicoproteína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
A glicosilación é un proceso [[químico]] no que se adhire un carbohidrato a outra molécula, denominada aceptora. A molécula aceptora pode ser de moitos tipos, por exemplo de natureza protéica ou lipídica.
Un dos proceso da glicosilación máis importante é a glicosilación protéica. Considérase como a primeira parte do proceso de modificación na síntese de proteínas que da lugar ás glicoproteínas. É a modificación tanto na etapa cotraslacional como postraslación que pode sufrir unha proteína.
A maior parte das proteínas sintetizadas no retículo [[retículo endoplasmático rugoso]] experimentan glicosilación. Existen dous tipos:
 
=== N-glicosilación ===
As modificacións inclúen engadir ou quitar moléculas de [[azucre]]s específicos atopados nas novas N-glicoproteínas sintetizadas no RER (retículo endoplasmático rugoso). Así, as proteínas N-glicosiladas no RER son adicionalmente remodeladas no [[aparello de Golgi]] debido á presenza nos diferentes compartimentos deste de distintos tipos de proteínas (ancoradas ás súas membranas) que tendo diferentes actividades enzimáticas engaden (glicosiltransferasas) ou quitan (glicosilasas) diferentes tipos de azucres (N-acetilglucosamina, ácido Siálico, [[glicosa]], [[galactosa]], mucosa, etc…) nos N-oligosacáridos.
Liña 42 ⟶ 43:
 
=== O-glicosilación ===
As proteínas poden sufrir ademais da N-glicosilación iniciada no RER para dar N-glicoproteínas, O-glicosilación para dar orixe ás O-glicoproteínas no aparello de Golgi originando as O-glicoproteínas. Os O-oligosacáridos engádense ás proteínas no aparello de Golgi orixinando as O-glicoproteínas. A diferencia dos N-oligosacáridos, ligados por [[enlace glicosídico|enlace N-glicosídico]] ao átomo de [[nitróxeno]] (N) da cadea lateral do aminoácido asparraguina (Asn), os O-oligosacáridos están unidos por [[enlace químico|enlace]] O-glucosídico ao átomo de [[osíxeno (elemento)|osíxeno]] (O) dos aminoácidos Serina (Ser) ou Treonina (Thr) dunha cadea polipeptídica.
A O-glicosilación das proteínas comeza no aparello de Golgi coa unión de N-acetilgalactosamina ou manosa (Man) a residuos de Serina (Ser) ou Treonina (Thr) da proteína. Os residuos de N-acetilglucosamina, galactosa, mucosa ou ácido siálico engádense un a un de xeito secuencial con diferentes tipos de enlaces, resultando por isto un diferente O-oligosacárido (o-glicanos) con [[estrutura molecular|estrutura]]
ramificada, composto por poucos residuos de monosacáridos.