Glicosaminoglicano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Hyaluronan.png|thumb|right|240px|Ácido hialurónico (-4GlcUA''β''1-3GlcNAc''β''1-)<sub>n</sub>.]]
 
Os '''glicosaminaglicanos''' (GAG), antes chamados '''mucopolisacáridos''', son un tipo de heteropolisacáridoheteropolisacáridos formados por cadeas longas e non ramificadas de azucres compostas xeralmente por unha unidade repetitiva de [[disacárido]] coa fórmula xeral ([[azucre ácido]] - [[aminoazucre]])<sub>n</sub>. Constitúen a fracción glicídica dos [[proteoglicano]]s, un tipo de [[biomolécula]]s formadas por proteínas e polisacáridos de función estrutural presentes fundamentalmente no [[tecido conectivo]], [[epitelial]] e [[óseo]], e no [[medio intercelular]].
 
O aminoazucre dos glicosaminoglicanos pode ser D-[[glicosamina]] ou D-[[galactosamina]], e nel o grupo amino está normalmente acetilado coa fin de eliminar a súa carga eléctrica positiva, pero tamén pode levar un grupo [[sulfato]] no [[carbono]] 4 ou 6 ou nun nitróxeno non acetilado. Os máis habituais son a [[N-acetilglicosamina]] ou a [[N-acetilgalactosamina]]. O azucre ácido do glicosaminoglicano pode ser un ácido D-[[ácido glicurónico|glicurónico]] ou ben L-[[ácido idurónico|idurónico]], agás no [[queratán sulfato]], no que o normal é que haxa unha [[galactosa]]. Cada disacárido está unido ao seguinte por un [[enlace glicosídico]], pero neste caso en posición beta 1-4. Este tipo de conformación confire resistencia á estrutura. Soen ter uns 300 residuos de azucre, que colgan das proteínas ás que están unidos, menos o ácido hialurónico, que ten varios miles <ref>{{cita libro| autor =Champe, PC; Harvey, RA y Ferrier, DR: | título =Biochemistry | ano =2004 | editor = Lippincott Williams & Wilkins| id =ISBN 0-7817-2265-9}}</ref>.