Diferenzas entre revisións de «Glicosaminoglicano»

 
Encóntranse nos [[tecido conectivo|tecidos conectivos]] cumprindo varias funcións, como por exemplo a de atraer e retener auga e ións con carga positiva. Son compostos tan hidratados que existen formando un xel. Estas características son idóneas para as funcións biolóxicas que realizan. Forman parte dos tecidos conectivos (mesodérmicos) animais, cun importantísimo papel na substancia amorfa fundamental da [[matriz extracelular]]. A situación dos principais é:
* [[ácido hialurónico]]: [[tecido conxuntivo]], [[cordón umbilical]], [[humor vítreo]], [[líquido sinovial]], vasos sanguíneos e [[cartilaxe]].
* [[sulfato]] de [[heparina]] (ou [[heparán sulfato]]): localizada no [[fígado]], [[pulmón]] e [[pel]].
* sulfato de [[condroitina]] (ou [[condroitín-sulfato]]): en [[tecido óseo|tecidos óseos]] e [[tecido cartilaxinoso|cartilaxinosos]].
* [[queratán sulfato]]: na córnea, discos intervertebrais, etc.
 
==Produción==
Os núcleos proteicos dos proteoglicanos fórmanse no [[retículo endoplasmático]] rugoso e son despois modificados posttraducionalmente por [[glicosiltransferase]]s no [[aparato de Golgi]], onde os disacáridos dos glicosaminoglicanos se engaden aos núcleos proteicos para formar os proteoglicanos (con excepción do ácido hialurónico, que non está unido a proteínas). As cadeas de glicosaminoglicano únense a residuos de [[serina] da proteína. O ácido hialurónico é fabricado por encimas da superficie celular e liberado no espazo extracelular.
 
== Clasificación ==
194.161

edicións