Guanosín monofosfato cíclico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
 
O GMPc é un segundo mensaxeiro na [[fototransdución]] no [[ollo]]. Nos fotorreceptores do ollo dos mamíferos a presenza de luz activa a [[fosfodiesterase]], a cal degrada o GMPc. A [[canle iónica de sodio|canles iónicas de sodio]] dos fotorreceptores teñen unha apertura controlada polo GMPc, polo que a degradación do GMPc causa o peche de ditas canles, o que orixina a hiperpolarización dos fotorreceptores da [[membrana plasmática]] e finalmente o envío da información visual ao cerebro.<ref>{{cite journal |author=R. Lane Brown, Timothy Strassmaier, James D. Brady, Jeffrey W. Karpen |title=The Pharmacology of Cyclic Nucleotide-Gated Channels: Emerging from the Darkness|journal=Current Pharmaceutical Design |volume=12 |issue=28 |pages=3597–613 |year=2006 |pmc=2467446 |id=NIHMSID: NIHMS47625 |doi=10.2174/138161206778522100 |pmid=17073662 }}</ref>
 
O GMP e algúns dos seus derivados interveñen na percepción do sabor [[umami]].<ref>{{cite journal |author=Cairoli P, Pieraccini S, Sironi M, Morelli CF, Speranza G, Manitto P |title=Studies on umami taste. Synthesis of new guanosine 5'-phosphate derivatives and their synergistic effect with monosodium glutamate |journal=J. Agric. Food Chem. |volume=56 |issue=3 |pages=1043–50 |year=2008 |month=February |pmid=18181569 |doi=10.1021/jf072803c |issn=0021-8561}}</ref>
 
O GMPc tamén media a activación da atracción das [[dendrita]]s apicais das [[célula piramidal|células piramidais]] (neuronas) na capa VI do [[córtex cerebral]] pola [[semaforina-3a]] (Sema3a).<ref>{{cite journal |author=Franck Polleux, Theresa Morrow, Anirvan Ghosh |title=Semaphorin 3A is a chemoattractant for cortical apical dendrites |journal=Nature |volume=404 |issue=6778 |pages=567–73 |year=2000 |month=April |pmid=10766232 |doi=10.1038/35007001}}</ref> Polo contrario, os [[axón]]s das células piramidais son repelidos pola semaforina-3a, o que fai que as dendritas crezan en dirección a onde hai esa molécula e os axóns na contraria. A atracción está mediada polo incremento dos niveis de [[guanilato ciclase]] soluble presentes nas dendritas apicais. A guanilato ciclase soluble xera GMPc, orixinando unha secuencia de activacións químicas que dan lugar á atracción cara á zona con semaforina-3a. A ausencia de guanilato ciclase soluble no axón causa a repulsión pola semaforina-3a. Esta estratexia asegura a polarización estrutural das neuronas piramidais e ten lugar durante o desenvolvemento embrionario.