ARN transferente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
 
Na estrutura secundaria dos ARNt distínguense as seguintes partes:
# '''Brazo aceptor''' ou brazo aminoácido, formado polos extremos 5' e 3'. O extremo 3' en todos os ARNt posúe a secuencia CCA, cuxo grupo 3'-OH terminal serve de lugar de unión co aminoácido. O extremo 5' case sempre acaba cun GMP ou [[ácido guanílico]] (pG). O brazo ten emparellamento intracatenario de bases entre as bases complementarias, excepto no extremo final, onde se une o aminoácido, xa que alí o extremo 3' sobresae máis ca o 5'.
# O '''bucle ou brazo T''', tamén chamado TΨC, que actúa como lugar de recoñecemento do ribosoma. Ten emparellamento de bases no tramo inicial, pero non na asa final. Contén pseudouridina (Ψ) e ribotimidina (coa timina típica do ADN).
# O '''bucle ou brazo D''', tamén chamado brazo DHU porque con frecuencia ten a base rara [[dihidrouridina]]. Presenta emparellamento de bases ao principio e sen emparellamentos ao final.