Diferenzas entre revisións de «Lance Armstrong»

Armstrong ten un corpo especialmente adecuado para a práctica do ciclismo. O seu elevadísimo nivel de resistencia aeróbica permitiulle manter unha cadencia próxima ás 120 pedaladas por minuto. Isto dá lugar a que a súa velocidade se deba ó número de pedaladas e non á forza que lle imprime a cada unha, co que consegue mellores resultados con menor fatiga ca outros campións coma, por exemplo, [[Miguel Indurain]].
[[Ficheiro:Basso Armstrong Tourmalet 2004.jpg|thumb|200px|Armstrong con [[Iván Basso]]]]
O corazón de Armstrong é un 30% máis grande cá media; cando está en repouso, dá entre 32 e 34 latidos por minuto; nun momento de máximo esforzo, pode chegar ás 201 pulsacións por minuto. A súa acumulación de [[ácido láctico]] é de 6μL/Kg (cando o normal entre ciclistas é situarse entre 12 e 20). Como resultado disto, Armstrong sente menos fatiga tras un exercicio prolongado.
 
===O seu equipo===
190.140

edicións