Mononucleótido de flavina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: bs:E101a
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
O FMN funciona como [[grupo prostético]] de varias [[oxidorredutase]]s, como a [[NADH deshidroxenase]] da [[cadea de transporte electrónico]], e como [[cofactor]] noutras deshidroxenases e en certos fotorreceptores biolóxicos da luz azul<ref>Experimental Biophysics - Universidade Humboldt de Berlín [http://www2.hu-berlin.de/biologie/expbp/index.php?goto=research_2]</ref> (interveñen no [[fototropismo]] das plantas e na bioloxía de microorganismos).
 
Durante o seu ciclo catalítico prodúcese unha conversión entre a súa forma oxidada (FMN), a forma semiquinona (FMNH<sup>•</sup>) e a forma reducida (FMNH<sub>2</sub>), que ocorre en diversas [[oxidorredutase]]s. O FMN é un oxidante máis forte ca o [[NAD|NAD<sup>+</sup>]] e é especialmente útil porque pode tomar parte tanto en transferencias dun electrón coma de dous. Os nitróxenos dos aneis da isoaloxacina da molécula son os que recollen os hidróxenos, como se ve na imaxe.
[[Ficheiro:FAD FADH2 equlibrium.png|400px]]
 
Outro coencima flavínico da célula é o [[dinucleótido de flavina e adenina]] (FAD).