Mariano Abalo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
Funcionario do Servizo de Correos, foi concelleiro en Cangas, deputado provincial en [[Deputación de Pontevedra|Pontevedra]] e Presidente da Xestora Municipal de Cangas.
 
Foi Secretario Xeral da [[Unión do PoboPovo Galego]] (1983) até que dimitiu do seu posto cando en [[1986]] a [[UPG]] acepta a participación do [[BNG]] no [[Parlamento Galego]]. Xunto con 13 membros do seu Comité Central, liderados por [[Mariano Abalo]], secretario xeral, e [[Xan Carballo]], secretario xeral da [[INTG]], deixan o partido, constituíndo o ''Colectivo Comunista 22 de marzo'', que o [[25 de xullo]] de [[1986]] transfórmase no [[Partido Comunista de Liberación Nacional]]. A III Asemblea Nacional do BNG expulsa ao [[PCLN]] porque pedían o voto para [[HB]] nas eleccións europeas.
 
En [[1987]] o [[PCLN]] e [[Galiza Ceive-OLN]] xunto con outras organizacións menores de carácter local como os Colectivos Nacionalistas de Trasancos e Vigo, Grupos Independentistas Galegos de Compostela e o colectivo Iskeiro de [[Ferrol]] forman a FPG que celebrou a súa asemblea constituínte en xuño de [[1988]]. A súa presentación pública da Fronte prodúcese o 10 de marzo de 1988, da que se converteu no seu Portavoz Nacional dende aquela até hoxe.