Mononucleótido de flavina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Flavin mononucleotide.png|thumb|right|Estrutura química do flavín mononucleótido.]]
 
O '''mononucleótido de flavina''' ou '''flavín mononucleótido''' ou '''riboflavina-5′-fosfato''', abreviado como '''FMN''' (forma oxidada) e '''FMNH<sub>2</sub>''' (forma reducida), é un [[coencima]] derivado da [[vitamina B2|vitamina B<sub>2</sub>]]. A molécula consta de [[isoaloxacina]], [[ribitol]], que en conxunto forman a riboflavina (vitamina B<sub>2</sub>) e un fosfato, que fosforila a posición 5' do ribitol. O FMN funciona como [[grupo prostético]] de varias [[oxidorredutase]]s, como a [[NADH deshidroxenase]] da [[cadea de transporte electrónico]], e como [[cofactor]] noutras deshidroxenases e en certos fotorreceptores biolóxicos da luz azul.
 
Durante o seu ciclo catalítico prodúcese unha conversión entre a súa forma oxidada (FMN), a forma semiquinona (FMNH<sup>•</sup>) e a forma reducida (FMNH<sub>2</sub>), que ocorre en diversas [[oxidorredutase]]s. O FMN é un oxidante máis forte ca o [[NAD|NAD<sup>+</sup>]] e é especialmente útil porque pode tomar parte tanto en transferencias dun electrón coma de dous. Os nitróxenos dos aneis da isoaloxacina da molécula son os que recollen os hidróxenos.
 
Outro coencima flavínico da célula é o [[dinucleótido de falvina e adenina]] (FAD).
 
O FMN é a forma principal na cal se atopa na célula a riboflavina. Require máis enerxía para producirse, pero é máis soluble ca a riboflavina. Un encima chamado [[riboflavina quinase]] fosforila a riboflavina e orixina a riboflavina-5'-fosfato ou FMN.