Análises moleculares de ADN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
=== Diferenzas entre o ADN do núcleo, das mitocondrias, e dos cloroplastos ===
O núcleo das células das plantas e os animais contén xenoma de tipo [[Célula eucariota|eucariota]]: o ADN está ordenado en [[cromosoma]]s, cada cromosoma é unha soa molécula de ADN lineal, empaquetada. En cambio, os dous orgánulos con ADN, que son as [[mitocondria]]s (e tamén os [[cloroplasto]]s, en plantas) teñen xenoma de tipo bacteriano: posúen unha molécula de ADN circular por plástido, do mesmo xeito que os seus devanceiros que eran [[bacteria]]s. O tamaño do ADN é moito maior no núcleo que nos orgánulos: no núcleo é tan grande que se mide en "megabases", nas mitocondrias en cambio, é dunhas 200 a 2.500 [[par de bases|kilobase]]s, nos cloroplastos é dunhas 130 a 160 *kbases (unha kbase é igual a mil bases, ou mil "banzos da escaleira").
 
A forma de herdar o ADN tamén difire no núcleo e os [[orgánulo]]s: mentres que o ADN núcleo hérdase de forma biparental (como o ADN do núcleo dos animais), o ADN das mitocondrias e o dos cloroplastos das plantas hérdase por parte dun só dos pais, en xeral por parte da nai (do mesmo xeito que as mitocondrias dos animais). Isto é debido a que en xeral os orgánulos que serán transmitidos á xeración seguinte son os que están albergados no óvulo.