Análises moleculares de ADN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
== Introdución ao ADN ==
O ADN está presente en todas as células e é o responsable de codificar a información xenética do organismo, dunha forma similar a que nos libros está codificada a información que conteñen en forma de letras e palabras. A estrutura do ADN é dunha molécula lineal que se adoita representar con forma de escaleira de caracol, sendo os lados da escaleira cadeas lineais de '''[[nucleótido]]s''' (cada un deles contén unha '''base nucleotídica'''), cada nucleótido está unido a un nucleótido do outro lado da escaleira por '''[[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]]''', que adoitan ser representados polos banzos da escaleira.
 
Para "ler" a información contida no ADN adóitase tomar unha soa das hebras da escaleira, e ler a súa secuencia de nucleótidos. Só hai 4 posibles nucleótidos, normalmente representados pola súa inicial en maiúscula: A (adenina), T (timina), C (citosina) e G (guanina). Para formar os "banzos da escaleira", a adenina só pode estar unida á timina, e viceversa, e a citosina só pode estar unida á guanina, e viceversa (regra mnemotécnica: Aníbal Troilo / Carlos Gardel). Por iso cando se leu unha soa das hebras do ADN, xa se ten tamén a información da complementaria.