Fosfato do dinucleótido de nicotinamida e adenina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 40:
Utilízase NADPH nas vías do anabolismo da síntese de lípidos, como a [[síntese do colesterol]], e [[síntese de ácidos graxos]] (elongación da cadea dos ácidos graxos).
 
O sistema do NADPH, actuando de maneira inversa, é tamén o responsable de xerar radicais libres en células inmunes. Estes radicais úsanse para destruír [[patóxeno]]s nun proceso denominado [[explosión respiratoria]].<ref>http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/18950479</ref> O mecanismo polo cal as células producen especies reactivas do osíxeno implica a acción dun encima chamado [[oxidase de NADPH]], este encima pode empregar o [[NADPH]] como [[axente redutor]] para reducir o osíxeno libre (O<sub>2</sub>) a superóxido, o cal se combina espontaneamenteo con outras moléculas para producir [[radicais libres]] moi reactivos, entre os cales se encontran por exemplo os anións [[hidróxido]], [[peróxido]], [[hipoclorito]], [[hipoiodito]] r o [[óxido de nitróxeno (II)]].
 
O NADPH é a fonte de equivalentes de redución para a hidroxilación do [[citocromo P450]], e de compostos [[aromático]]s, [[esteroide]]s, [[alcohol|alcohois]] e [[fármaco]]s.