Diferenzas entre revisións de «Monotelismo»

m
Bot: Substitución automática de texto (-nembargantes +porén)
m (r2.7.1) (bot Engadido: id:Monotelitisme)
m (Bot: Substitución automática de texto (-nembargantes +porén))
==O debate==
 
O gran impulsor desta doutrina foi o [[Patriarca de Constantinopla]] [[Serxio I, patriarca de Constantinopla|Serxio]], quen conseguiu que o [[Patriarcado de Alexandría]] (copto), no [[633]] e a [[Igrexa Apostólica Armenia]], no [[634]], ámbalas dúas de crenza monofisita, aceptasen a doutrina. Alarmado, o [[Patriarca de Xerusalén]] [[Sofronio]] dirixiu unha carta ao Papa [[Honorio]], quen, nembargantesporén, deu a razón aos monotelistas. Isto animou ao emperador [[Heraclio]] a ditar con carácter oficial unha profesión de fe monotelista: a [[Ectesis]], no [[638]]. Este documento levantou airadas protestas en boa parte do pobo fiel, carismáticos predicadores e teólogos, que conseguiron que o novo Papa convocase un sínodo e proclamase as dúas vontades, correspondentes as dúas naturezas de Cristo.
 
O emperador reaccionou con contundencia e non dubidou en torturar e exiliar ao Papa [[Martiño I]] e en mutilar ao célebre teólogo [[Máximo o Confesor]]. Estes consideraban que o monotelismo supuña cuestionar a plena humanidade do home Xesús e, polo tanto, a plena comuñón entre a divinidade do [[Logos]] e o [[corpo humano]] e a [[alma]] humana de Cristo coas súas potencias humanas de [[memoria]], [[entendemento]] e [[vontade]]. Entendían que a integridade de Xesús como home, incluída a súa vontade, formaba parte esencial da fe apostólica transmitida dende un principio polas primeiras testemuñas e que así fora gardada polos [[Pais da Igrexa]]. A querenza popular por estes personaxes en boa parte da cristiandade non fixo máis que reafirmar a división. A cuestión non se arranxou ata a convocatoria do derradeiro concilio ecuménico: [[III Concilio de Constantinopla]] (680-681) onde se retomou a fe nas dúas vontades e se condenou ao papa xa finado [[Honorio]] como herexe.
103.099

edicións