Paulo de Tarso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Nembargantes +Con todo)
*arelaban?
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
Naceu probablemente en [[Cilicia]] (actual [[Turquía]]). Era un xudeu da seita dos [[fariseo]]s, de cultura [[helenismo|helenística]] e cidadán de [[Roma]]. Adicábase, como o seu pai, á fabricación de tendas de campaña, oficio que realizou toda a súa vida. Aos 19 anos recibiu na propia [[Xerusalén]] formación xudeaxudía farisea por parte do coñecido [[rabí]] [[Gamaliel]].
 
Tras a proclamación por parte dun grupo de galileos de que [[Xesús de Nazaret]], un predicador itinerante que anunciara o [[reino de Deus]], resucitara tras ser crucificado por [[Poncio Pilatos]], pasou a ser un acérrimo perseguidor desa nova crenza, incompatible coa súa adhesión ao [[fariseísmo]]. Participou na lapidación de [[Estevo Mártir|Santo Estevo]] e acadou do [[Sumo Sacerdote]], no ano [[34]], a encomenda de ir a [[Damasco]] na busca e captura dos cristiáns residentes nesa cidade. No camiño de Damasco, produciuse un accidente que lle privou da vista e supuxo a súa conversión á fe en Xesús de Nazaret como o [[Mesías]] agardado polo seu pobo.
Liña 22:
Pasou un tempo formándose na casa de [[Ananías]] e, tras recuperar a vista, comezou a proclamar con entusiasmo e a fe que anteriormente denostara. Así o fixo na propia Damasco, onde sufriu persecución, e na provincia romana de [[Arabia]]. Xunto con [[Bernabeu]], no ano [[45]], iniciou unha viaxe misioneira onde se produciu a conversión dun importante número de non xudeus. Percorreon Cilicia, [[Chipre]] e [[Pisidia]].
 
No primeiro [[concilio]] na cidade de Xerusalén, houberon de dar conta da nova situación da conversión dos paganospagáns ao irmán de Xesús [[Santiago o Xusto]], xefe da Igrexa desa cidade. Recibiran severas condeascondenas por non esixir aos conversos a adhesión á [[Lei de Moisés]] e propiciar unha ruptura co [[xudaísmo]], pero o concilio decidiu ao seu favor ao entender que non se podía poñer límites á libre acción do [[Espírito Santo]].
 
No ano [[50]], emprendeu a segunda viaxe misional por [[Asia Menor]], [[Macedonia]] e [[Grecia]], permanecendo en [[Corinto]] máis dun ano. No ano [[54]], realizou a terceira viaxe polas mesmas áreas xeográficas.
Liña 28:
Alí por onde pasaba ían creándose comunidades cristiás entre xentes xeralmente desfavorecidas e incultas reunidas ao redor do anuncio e a celebración da salvación gratuíta ofrecida por Deus a través de Xesús a todos os homes.
 
Aínda que non cuestionou a autoridade imperial, proclamou a Xesús como o auténtico e único ''kirios'' (Señor) do universo, en quen non había acepción de persoas (''nin xudeu nin paganopagán, ni home nin muller, nin escravo nin libre''), como o unxido (''Christos'') por Deus como Mesías prometido non só para os xudeus senón para todos os pobos da terra. Isto concitoulle incomprensións, aldraxes, persecucións, maltratos, torturas, intentos de asasinato e a prisión en [[Antioquía]] e [[Roma]]. El mesmo deu testimuñotestemuño dun enfrontamento co mesmo [[Pedro, papa]] a quen acusou de contemporizar cos xudaizantes influíntesinfluentes que tentaban impoñer a Lei de Moisés aos cristiáns non israelitas. Cando era levado prisioneiro a Roma, sufriu un naufraxio que lle permitiu anunciar o Evanxeo en [[Malta]].
 
Fiel á súa fe ata o final, foi decapitado por sentenza imperial ao redor do ano [[67]], no contesto da persecución de [[Nerón]]. O suposto lugar da súa sepultura está ocupado dende o século IV pola [[basílica]] de [[San Paulo Extramuros]], unha das sete igrexas de [[peregrinación]] de Roma.
 
== Influencia ==
Mantivo correspondencia coas comunidades que ía fundando. Algunhas destas cartas, escritas en [[grego]] ''koiné'' están consideradas entre os documentos máis influíntesinfluentes da civilización occidental e son os primeiros testimuñostestemuños escritos do cristianismo. Todas elas forman parte do [[Novo Testamento]] e os [[Pais da Igrexa]] entenderon que eran fonte de revelación e expresión da Palabra de Deus, o que explica a súa inclusión na [[Biblia]] de todas as [[Igrexa]]s cristiás sen excepción. Estas dánlledanlle o título de [[apóstolo]] aínda que non coñecera a Xesús en vida. A única Igrexa na que as ideas paulinas semellan non ter callado é a [[Igrexa Etíope Tewahedo]], onde seguen en vigor moitas prácticas do xudaísmo.
 
Tivo contactos con Pedro, Santiago e [[Xoán o Evanxelista]].
Liña 40:
 
== Pensamento ==
En Paulo de Tarso existe unha fonda raíz xudeaxudía; remítese aos [[patriarca]]s, particularmente [[Abraham]] e ás promesas feitas por Deus a [[Israel]]. Na súa cosmovisión apréciase certa influencia da cultura helenística e singularmente do [[estoicismo]] nas súas categorías éticas. Con todo, a súa experiencia relixiosa desenvolve nel unhas ideas certamente orixinais que condicionaron o fenómeno histórico do cristianismo.
 
Para Paulo de Tarso, toda a humanidade está escrava do pecado e a morte. A salvación non ven polo cumprimento da Lei de Moisés senón pola adhesión a Xesucristo (xustificación pola [[fe]]) aceptando nel o amor gratuíto de Deus ([[graza]]).(Rom. 3, 21-26). Ese Deus identifícase coa divinidadedivindade única e exclusiva do xudaísmo e é a divinidadedivindade descoñecida que *arelaban os paganospagáns.
 
Ese amor, manifestado na morte e [[resurrección]] de Xesús, ofrécese aos criminais e pecadores sen distinción de raza, sexo ou condición social. Nada pode afastar ao cristián dese amor (Rom. 8, 31-35) que fai nacer nel diversos [[carismas]] en beneficio de toda a comunidade.
 
O carisma máis importante e o único imprescindible é o ''ágape'' (en latín,''caritas''), (Corintios 13): amor desinteresado e sen límites que supera os desexos da carne (envexa, soberbia, xenreira, ciumescelos, lascivia, avaricia) e anticipa neste mundo a [[Vida Eterna]] á que os cristiáns están predestinados. Neste sentido, toda a Lei de Deus resúmese no amor ao próximo.(Gálatas 5, 13-15)
 
Xa non son precisos o [[Templo]] dos sacerdotes nin os preceptos rituais e morais, pois en Xesús os homes foron liberados para unha vida nova animada polo Espírito de Deus que lles permite experimentar a Deus como ''Abba'' (palabra aramea coa que Xesús designaba a Deus como Pai, e que Paulo non traduce ao grego).(Rom.8, 14-16). O que vive da fe é sacerdote, profeta e rei, e nada domina sobre el.
 
Xesús é o ''Christos'', en quen o mesmo Deus se baleirou nunha humillación inconcebibleinconcibible, (''kenose'') abaixándose ata a condición de escravo e asumindo a morte calumniosa da [[Cruz]]; agora é, tras a súa resurrección, o Señor do [[Cosmos]] e da [[Historia]], e retornará para renovar a [[Creación]] enteira destruíndo o pecado e a morte e facendo que todos vivan unha vida plena e feliz en Deus.
 
Estas concepcións están na base da doutrina da Graza e o pecado orixinal de Agostiño de Hipona, así como na doutrina da xustificación pola fe de [[Martiño Lutero]] e da predestinación de [[Xoán Calvino]], eixos do [[protestantismo]]; a relativización do autoritarismo relixioso e civil que encerran son a cerna da reforma protestante, do desafío xermano á autoridade imperial, do puritanismo anglosaxón que daría lugar á revolución inglesa e a emancipación americana e son a principal fonte de inspiración do mundo cultural de tradición protestante británico, xermano, nórdico e norteamericano.