José Luis Oltra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-Nembargantes +Con todo)
Liña 77:
Iniciouse nos banquiños na tempada 2001–02 dirixindo ao [[Catarroja CF]], da Rexional Preferente, equipo co que logrou o terceiro posto. Á tempada seguinte, o [[CD Castellón]] de [[Segunda División B]] contratouno para loitar polo ascenso á [[Segunda División Española|Segunda A]]. O equipo conseguiu ser campión de grupo, pero non puido ascender ao caer na fase de promoción. Na tempada 2003–04 rematou cuarto en liga, volvendo a participar na liguiña de ascenso para quedarse novamente ás portas da Segunda División.
 
A súa gran labor ao fronte do CD Castellón fixo que o [[Levante UD]] se fixara nel, e o contratou para dirixir ao filial, de Segunda División B. A traxectoria do filial foi bastante boa, tanto que, a falta de catro xornadas para o final, o equipo tiña xa practicamente asegurada a presenza na fase de ascenso á Segunda División. Nese momento, o primeiro equipo destituiu ao seu adestrador, [[Bernd Schuster]], tras unha mala racha de resultados; elixindo a José Luis Oltra como sucesor para tratar de evitar o descenso do equipo. NembargantesCon todo, tras os catro partidos que restaban, o club azulgrana non consiguiu salvarse, e consumou o seu regreso á Segunda División.
 
Ao comezo da tempada 2005–06, o Levante UD confiou en José Luis Oltra para construir o seu novo equipo, co que regresar a [[Primeira División Española|Primeira División]], pero, tras dez xornadas, foi destituído, estando o equipo na metade da táboa. A seguinte tempada, o [[Ciudad de Murcia]], que loitaba por ascender a Primeira División, contratou ao técnico valenciano, o cal deixou ao equipo en cuarta posición. O modesto equipo murciano non conseguiu o seu obxectivo, aínda que logrou a mellor clasificación da súa historia.